domingo, 23 de novembro de 2014

REFLEXION INDIVIDUAL MARCO INSTRUMENTAL DA ORIENTACIÓN LABORAL


Neste artigo de maneira moi resumidiña faise un análisis dos instrumentos de traballo do persoal de orientación laboral ( Intermediación Laboral, Colectivos de exclusión social, Itinerarios de Inserción, Procesos individuais de orientación, Accións grupais, Entrevistas de traballo, Análise de perfís profesionais, Prospección de emprego...)

Tema 11: O traballo do orientador laboral I. 
MODELOS DE INTERVENCIÓN-Intermediación laboral

Ó longo deste tema cabe destacar a descripción dos distintos modelos de intervención nos procesos de orientación, identificados como tres tipos:(Verás aquí as diferentes Características Modelos_Metodologicos de orientacion)
.- Modelo Didáctico.
.-Modelo de Asesoramento.
.-Modelo Centrado nos recursos.

Inda que tal e como se conclúe no tema,o Orientador debe utilizalos como guías flexibles e complementarias, que se adaptan ás necesidades do momento e dos usuarios que participan no proceso.
Por experiencia no uso diario podo decir que os tres modelos son complementarios entre si , non sendo mellor un que outro, si non que o persoal técnico de orientación debemos adaptalo á realidade cambiante dependendo da tipoloxía de desempregado que esteamos atendendo, os seus intereses, obxetivos, .... na alternancia está o éxito de darlle valor engadido os procesos de intervención.

Co obxetivo común tanto a nivel de España como de Europa, xa que son procedementos relativamente novos, de que os procesos de orientación deben ser individuais, dende as primeiras idades dos individuos ata o final da súa vida, nos diferentes ámbitos escolar, universitario, laboral -activo ou non-, Flexibles e potenciando a autonomía do usuario.

Intervención Colectivos vulnerables

Debemos facer fincapé no proceso de intervención con colectivos de exclusión social, que se atopan dende o punto de incio nunha situación de desigualdade respecto á poboación xeral; como experiencia comentar que dende o SPEG se derivan demandantes que teñen unha discapacidade rexistrada e valorada inda que en moitos casos cando miramos no SICAS, vemos que non a teñen rexistrada nin valorada e que as ocupacións demandadas non están acordes co seu perfil.

En ambos casos ofréceselle ó usuario do servizo ser derivado a diferentes entidades con Orientadores especializados e habituados a traballar no seu día a día con estos colectivos, que lle axudarán a seguir o camiño máis adecuado; considero que  non podemos saber de todo e hai que saber derivar porque si non en vez de axudar empeoraremos o caso inicial e non conseguiremos a súa mellora de empregabilidade nin a súa inclusión social. 
Non costa nada descolgar o teléfono e concertar unha cita e darlla no momento ó usuario( na miña zona teñen citas de atención uns días ó mes na Oficina de Emprego de Cambados e no Concello do Grove no que densenvolvo a miña tarefa por exemplo COGAMI ven unha vez ó mes).

Tema 12: O traballo do orientador laboral II.
INSTRUMENTO DE INTERVENCIÓN -Itinerarios de Inserción- (IPI)

Neste tema análizouse o instrumento principal dos Orientadores, como son Itinerarios Personalizados de Inserción, a metodoloxía, as fases.... que non vou entrar a describir xa que foi motivo de análise a fondo nun artigo anterior publicado neste blog e que podedes  consultar aquí todo o proceso dun IPI  

Ata este momento centrámonos nas entrevistas individuais inda que o obxetivo futuro vai máis encamiñado a accións grupais; A miña experiencia é escasa en canto a seguimento do protocolo do SPEG para facer tales obradoiros, inda que si teño impartido  obradoiros de BAE e relacionda coas TICS.

A día de hoxe é un obxetivo difícil de chegar, xa que a axenda está con citas previas tódolos días da semá; ata o ano pasado había un día libre sin citas asignadas previamente polo que se aproveitaba para moitas outras tarefas entre elas as grupais; como axenda está completa, si asignas un día para facer accións grupais supón que debes atender ós usuarios noutro día, sobrecargar a axenda ou ben deixar de atender ós usuarios que veñen sin cita previa e eso nunha entidade local é máis ben difícil, non me gusta persoalmente ese ! Sin cita no atiendo! ou ! Vuelva usted Mañana!.... debemos ser cercanos ós cidadáns e darlles solución e atendelos no menor tempo posible sobre todo nos tempos que corren, o que para nós non supón moito para o usuario ser atendido e escoitado no momento oportuno pode supor coller o camiño ó éxito. 


Tema 13 :O traballo do orientador laboral III. 
PROCESOS INDIVIDUAIS E ENTREVISTAS DE TRABALLO.

O persoal técnico de Orientación debemos ter claro cal é o tipo de entrevista que debemos manter según o usuario que estamos atendendo.
Pero outros  dos aspectos básicos que se debe traballar son tódolos aspectos que poden influir nun proceso de selección, o saber venderte e que por falta de confianza moitos usuarios fallan en esta fase.

De maneira práctica suelo dar pautas xerais para acudir a unha entrevista, se un usuario habitual do servizo nas entrevistas de orientación xa lles dou consellos para correxir posibles faltas de comunicación verbal ou non verbal defectuosa (Ex:co teu permiso, permítesme darte un consello? non contestes nunha entrevista como o fas conmigo con monosílabos.)

Tamén suelo dar citas para traballar o proceso da entrevista de traballo(posibles preguntas e respostas,expresións adecuadas, como obter información da empresa, postura corporal, xesticulación,..incluso preparo os procesos de selección para un Obradoiro ou AFD.
 
 
Os procesos de Orientación son diferentes según o País, hainos que o relacionan máis co ámbito educativo, outros co laboral, hai modelos públicos, privados,combinados como en España inda que non denominan así na teoría, e que traballan máis a nivel local ,por sectores ou noutros ámbitos aplicativos; Non creo que se poida exportar un modelo de orientación dun País a outro porque na miña modesta opinión vai íntimamente ligado ó modelo educativo e aplicado ó tecido empresarial que vai unido coa cultura emprendedora que se mantén dende a cuna, non que é que se nazca si non que se fai.

Tema 14: O traballo do orientador laboral IV. 
ANALISE DE PERFÍS PROFESIONAIS E PROSPECCIÓN DE EMPREGO.

Os orientadores deben saber analizar os diferentes postos de traballo, como se moven as ocupacións no mercado laboral actual, novas ocupacións,.... manexar as diferentes redes de recursos para coñecer como técnicos de orientación e tamén para poñer a disposición dos usuarios,recordemos que debemos facer que sexan autónomos na súa valoración.

Un bó análisis das competencias do perfil profesional ,recordemos que se marca como obxetivo nos IPIS e saberanalizar os distintos indicadores sobre a ocupacións no mercado de traballo poder marcar a diferencia sobre o peche dun IPI por colocación ou non.

Debemos manexar os difrentes estudios do mercado de traballo, desagregado por factores en base a idades,sexo,nivel de estudos, ámbito local, comarcal, si son ocupacións estacionais,...., tanto dende organismos públicos como privados ( Estudos de mercado de Adecco, Ranstad...).

Na práctica podo decir que dependendo do usuario que sexa lle facilito o do Instituto Galego das Cualifiacións,Indicadores de mercado,datos das ocupacións,informes de mobilidades e o perfil da ocupacións inda  que como crítica constructiva non dan rematado de elaborar todos os perfís e ás veces non se recollen pero podes ver algúnhas ocupacións similares; Podes acceder picando aquí , desta maneira o usuario poderá realizar o seu profesiograma para ver a súa ocupación no mercado laboral

Tema 15: O traballo do orientador laboral V. 
TÉCNICAS E FERRAMENTAS PARA O ACCESO Ó EMPRGO E AUTOEMPREGO

Neste tema están o que os orientadores denominados ferramentas no proceso de Búsqueda Activa de Emprego (BAE) por conta allea e tamén de formación para os usuarios ; pasamos fai uns anos de como elaborar un CV, Carta de presentación, relación de ETT,S  para inscribirse todo en papel e de maneira moi presencial, ás novas canles de BAE a través de internet, buscadores de emprego, boletíns dixitais, Aplicacións Móbiles, Páxina Web do SPEG, SEPE, Probas profesionias, Redes Sociais, Video Currículum, e-mail, Facebook, Twitter,... ten unha parte boa que ó usuario lle chega a información casi instantaneamente e que pode ampliar moito o abanico de posibilidades, non é unha fórmula exacta como nas matemáticas pero si fas BAE intensa e adecuadamente usando tódolos recursos facilitados por un servizo de orientación tes bastantes posibilidades de chegar ó obxetivo.

Os Persoal de Orientación debe ter recursos para facilitarlle ós usuarios que deciden ou están valorando a posibilidade do autoemprego, inda que se acaban derivando á Rede de Técnicos de Emprego, débese facilar información como a cuota plana, axudas para emprender, Solicitude Pago Unico SEPE, Linea de Cooperativas, Préstamos do IGAPE, citas coa Oficina do Empregador.....o usuario debe irse coa confianza e ser consciente da rede de posibilidades para axudalo a emprender.


Tema 16: O traballo do orientador laboral VI: 

ELABORACIÓN DO PLAN DE EMPRESA

É importante saber en que consiste un Plan de empresa , as súas diferentes partes pero non é un traballo do persoal de Orientación, porque si a nivel local non existen nalgúns Concellos Técnicos de Emprego sempre hai onde derivalos para ser atendidos nas mellor condicións posibles, eso sí  saber transmitir os recursos que temos en  webs  como esta do IGAPE.




En conclusión o persoal de Orientación sobre todo debe saber como manexar os recursos para topar as ferramentas máis adecuadas para transmitir ós usuarios porque non sempre é posible saber de todo.

luns, 17 de novembro de 2014

Reflexión grupal Módulo 3: Marco instrumental – Sesión do 25 de outubro de 2014

 Itinerario Personalizado de Inserción e Prospección de empresas

Nesta sesión levada a cabo a  finais de outubro,  por Mayte Deus, un dos módulos dos que a maioría de nós xa desexábamos que chegara  neste CEOL 2014 : " O  marco Instrumental do Orientador Laboral", analizándose a ferramenta principal  os  Itinerarios Persoais de Inserción ( IPIS) e os Prospectores de Emprego, unha ocupación en auxe que xunto coa de Orientador/a Laboral fan un tándem case perfecto na intermediación laboral.

Cabe matizar que cando un demandante se inscribe no SPEG, partindo de que se inscribe para facer Busca Activa de Emprego, (porque se poden inscribir demandando outros servizos ou estar noutra situación administrativa), debería facerse polo persoal das oficinas unha entrevista persoal , que se denomina Clasificación.

O demandante acreditará a súa formación e a súa experiencia, o que permitirá intermediar no mercado de traballo de maneira máis efectiva , xa que este é o principal obxectivo da Clasificación, xunto con determinar os intereses e necesidades reais da persoas demandantes de emprego.

Polo tanto cando unha persoa acode a unha cita de Orientación, o primeiro paso que debemos facer será analizar a súa formación, dispoñibilidade,motivacións persoais,a elección das ocupacions (algo fundamental na demanda de emprego)…. todo isto comprobamolo a través do programa SICAS que é como coñecemos os Orientadores  o aplicativo da Comunidade Autónoma na que se rexistra o perfil das persoas demandantes .
Este primeiro paso considerado de gran  importancia  e que moitos descoñecen ,  permitíranos facer un Diagnóstico de ocupabilidade , tódolos datos recollidos na súa demanda serán esenciais para levar a cabo un bo proceso de orientación.

No caso de que a demanda estea incompleta, ou non actualizada ,os demandantes deberán actualizar os seus datos no SPEG, si lles falta moito por completar na demanda , o mellor é que o orientador/a lle xestione unha cita de Clasificación con día e hora (recóllese como obrigas tamén dos demandantes acudir a citas de clasificación inda que a maioría da poboación as únicas obrigas que coñecen son as de presentarse a ofertas de emprego e a de renovación da demanda).

Si a demanda de emprego está clasificada veremos perfectamente o  seu Nivel de Empregabilidade e o seu Nivel de Dispoñibilidade polo que saberemos de principio o camiño iniciado polo demandante ou ben cal é o seu obxectivo principal.

Para máis información mirar aquí o artigo publicado neste blog por Dolores Fontenla Redondo onde se analiza detidamente o proceso de Clasificación.


INSTRUMENTO BÁSICO DUN ORIENTADOR - O Itinerario Personalizado de Inserción (IPI)

O IPI  e o instrumento básico técnico que está constituído por un conxunto de actividades secuencias que lle facilita ás persoas atendidas os recursos necesarios para que xestionen con autonomía o seu proceso de inserción laboral.

O  Itinerario conleva un compromiso de actividades que propón o orientador e acepta o demandante de emprego en consenso e que é asinado por ambas partes, o asinar o documento é un xeito de motivar e responsabilizar á persoa no seu proceso de inserción.

A finalidade dun IPI é cumprir o obxectivo , non ten por que ser só o da inserción laboral ,tamén pode ser a mellora  da cualificación profesional do usuario
Polo tanto o punto de partida do IPI, é o compromiso,

Un Orientador non busca emprego, axuda, guía e acompaña no proceso de Búsquea Activa de Emprego (BAE) ou BAF, co obxectivo de mellorar o nivel de empregabilidade. Otra función del orientador: derivar a otros servicios o profesionales

Destacar que ata este ano 2014 ,a normativa cambiou, xa que a xente que tiña solicitado través dun IPI tiña preferencia para acceder ás Políticas Activas Emprego (AFD, Obradoiros, Programas Experimentais....), xa que se entendía que os Orientadores o facían acorde cun obxectivo e ademais as persoas beneficiarias tiñan unha axuda económica maior.

Xerouse debate nesta sesión presencial neste punto, dado que tal e como se expuxo nos últimos anos desvirtuouse o uso do instrumento do IPI por parte de moitos orientadores , polo que este ano por exemplo para acceder a un AFD os usuarios tiñan que pasar o mesmo proceso que os demais demandantes, e ademais se ía comprobar que o IPI foi aberto correctamente e adecuado ós obxectivos propostos por parte da Consellería, matizando a maiores que só en causas moi xustificadas un usuario podería ter aberto consecutivamente outro IPI ( Ex. Reciclaxe profesional).


FASES PRINCIPAIS DUN IPI
 Fase de Inicio , Fase de Seguimento e Fase Fin

Fase de Inicio

Esta primeira fase é unha das máis técnicas e importantes do proceso do itinerario; Debe constar mínimo de dúas entrevistas; Inclúe a recepción e acollida do demandante (debemos darlle plena confianza na nosa figura de orientador); nela é onde se detectan as necesidades e expectativas dunha persoa , a través dunha entrevista en profundidade , recollemos toda a información e facemos análise ( características persoais, Actitudes, Aptitudes,Formación, Experiencia laboral, Habilidades, Intereses, Dispoñibilidade... incluso debemos detectar o CV oculto dos nosos usuarios como posible e futura saída laboral) das diferentes  variables do diagnóstico profesional que inciden no proceso de orientación.

Unha vez rematada a recollida de información e análises definiremos o seu obxectivo profesional, estableceremos metas para conseguilo e a súa consecución nun tempo determinado, recollerase todo esto nos documentos de " Perfil Profesional"(analizaranse as competencias que conforman o perfil profesional elixido idóneo no mercado de traballo e o potencial da persoa orientada, en que nivel as posúe  ou si ten que adquirilas) e " Tarefas Acordadas"( Acordarase o obxectivo profesional, obter información sobre posibles traballos, preparar a búsquea activa de emprego, Adquirir os coñecementos que esixe o mercado, horas que se van adicar para conseguir o obxectivo.....) 

Esta primeira fase remata por parte do orientador tendo claro o diagnóstico de empregabilidade do orientado e  concretando o Plan de Traballo Individual que se seguirá nos próximos 6 meses que é a duración do IPI.

A Primeira cita do Plan Individual de Traballo, é realmente cando comeza o IPI e se asina o documento de  "Compromiso de actividades" que vai ser vinculante durante o proceso en base os documentos  de Obxectivo Profesional e Tarefas acordadas consensuados nas entrevistas previas á Fase Inicial coñecida como Avaliación.

Compromiso de Actividades:Obter nivel de Estudos, Elaborar CV, Inscrición Ett,s, Buscadores de Emprego.....) para conseguilo (pode recollerse a solicitude de accións grupais, Obradoiros, Autoemprego,AFD,...) toda a formación será solicitada polo Orientador dentro do IPI (Servizos aconsellados) e enviárase ó sistema SICAS para telo en conta cando  se faga esa oferta formativa gratuíta pola administración competente na materia.

Na teoría a formación solicitada dentro dun IPI teñen preferencia para acudir pero non para ser obrigatoriamente seleccionados como sucedía antes.  

Fase de Seguemento
Esta fase consiste no desenvolvemento do IPI, no que as persoas orientadas realizarán as distintas actividades definidas no seu Itinerario, co seguimento e apoio do persoal de orientación e aclaración de calquera dúbida ou cuestión.
O Itinerario é susceptible de redefinirse en función das posibilidades efectivas para a consecución de/dos obxectivos.

Aconséllase ter unha axenda de Búsqueda de Emprego na que o Orientado vaia recollendo as actividades realizadas para conseguir o seu obxectivo profesional.

As primeiras citas de control de seguimento deben ser presenciais e máis frecuentes, cando o IPI xa está en marcha as citas de seguimento poden ser máis espaciadas(quincenais/mensuais) e non teñen porque ser presenciais, poden ser vía telefónica , mail, fax....

Fase Fin ( Finalización e Avaliación do Itinerario)

Fase na que se avalían os resultados obtidos no marco do itinerario de inserción e na que tendo en conta a consecución dos obxectivos, procédese a finalización e cerre do IPI.
O itinerario pode finalizar por colocación, consecución de obxectivos, caducidade, causa xustificada ou por causa do persoal de orientación.
Nun documento recóllense o grado de cumprimento das actividades realizadas. Destacar que aínda que o IPI se cerre os servizos  que estaban aconsellados (solicitados) seguen a ter preferencia.

Pincha na seguinte imaxe para poder visualizar as fases dun itinerario de xeito visual.



Fonte obtida PDF Módulo 3 Tema 12 CEOL 2014

PROSPECCIÓN DE EMPRESAS

Un prospector de empresas ten como obxectivo a aproximación ó tecido empresarial para favorecer o proceso da intermediación laboral

¿Qúe Perfil debe ter un Prospector de Empresas? ¿Ten que ter perfil comercial para vender o servizo dunha administración local?O perfil de prospector é tan amplo como o dun Orientador.
                                                                         
Perfil de Prospector:
.-Carácter Comercial
.-Comunicación,negociación,asertividade,orientación ó cliente e organización/planificación.
.-Escoita activa, ser negociador, asertivo,persuasivo empático, ter profesionalidade e eficacia.
.-Coñecedor dos servizos da súa organización e das  necesidades das empresas (A  administración non favorece a relación cos empresarios).

O prospector debe levar toda a información e vender os servizos públicos; Adecuar o que a empresa  demanda coa formación, esto facilitará a intermediación e a incorporación laboral

Intervención dun Prospector
  • Deberá preparar a visita á empresa: obter información dela, elaborar un catálogo de servizos , contactar e levar por suposto acreditación.
  • Debe ter  información suficiente da empresa antes de realizar la prospección laboral
  • A estratexia de prospección  estará deseñada en  función das características dos demandantes da bolsa de emprego que se manexe nese momento.
  • Necesidade de Programas elaborados, con continuidade e que se adapten ás necesidades do mercado
En conclusión ,  que dentro da nosa labor como orientadores/as é a prospección de empresas, unha labor con moito futuro.


Bibliografía


Acceso á Orde ORDE do 20 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de información, orientación e prospección de emprego no exercicio 2014.

A continuación podes ver un Vídeo relacionado, co exposto neste artigo: Inscrición, Clasificación, Orientación Laboral e Prospectores de Emprego, neste caso do Servicio Extremeño Público de Emprego (SEXPE) propiedade da  Televisión Canal de Extremadura.

 http://goo.gl/Ch6gxg 




STORIFY DA SESIÓN

Storify sobre a sesión do 25 de outubro




 Grupo Innova.

O meu Entorno Persoal de Aprendizaxe

Tocounos vivir nunha época onde están xurdindo  constantemente tecnoloxías, ferramentas e servizos que abren un mundo cun amplo abanico de posibilidades de comunicación e aprendizaxe que nos permiten acceder á información e o coñecemento dun xeito personalizado.

¿Que é un PLE? Son os chamados Entornos Personais de Aprendezaxe. As súas iniciais veñen dadas polas siglas en inglés de Personal Learning Environment. Éstas se caracterizan por ser sistemas que axudan ó ser human a tomar o control e xestión do seu propio aprendizaxe.

 Con un PLE  podemos:
  •  Fixar os nosos propios obxectivos
  •  Xestionar o noso aprendizaxe
  •  Xestionar  contidos e procesos
  • Comunicarnos con outros no proceso de aprendizaxe


Os PLE inclúen a integración dos episodios de aprendizaxe formal e informais nunha experiencia única, onde por exemplo meu PLE está básicamente composto por ferramentas web 2.0 e as relacións interpersonais que manteño  no meu dia a dia.

A continuación podedes observar o meu PLE, onde cada hora, minuto, día, mes e ano varia dependendo da situación de aprendizaxe que embarque. 


Añadir leyenda

domingo, 16 de novembro de 2014

Entorno Persoal de Aprendizaxe




Indudablemente esta de moda introducir novos vocablos a nosa língua, que a decir verdade eu descoñecía, como por exemplo PlE (Personal Learning Environment), networking etc, pero a miña conclusión é que tan só son términos, verbas, vocablos de outras línguas......porque a realidade é que os conceptos existen dende que existe a humanidade. Dende que nacemos estamos inmersos en un entorno de aprendizaxe. Queiramos ou non, de todo e todos aprendemos, o noso cerebro esta en unha constante actividade de asimilar ou desfacerse de todo o que non temos interiorizado e xa, como si fora por inercia, o fin sempre e lograr novas competencias. No senso  no que aquí estamos a utilizar o PLE,   pareceme importante,  por non decir imprescindible coñecelo e ver que tan útil, valioso, interesante nos resulta. Será ahí donde teremos que iniciar cambios para descubrir outros entornos que nos satisfagan mais, ou que se axeiten mais a fin que queremos conseguir sin perder a nosa identidade. Loxicamente, nin que decir ten, que a nosa capacidade de observar e de querer descubrir algo mais que a nos mesmos (que tamen é importante) vai ser clave para sacar proveito de calquer entorno, o que nos poñamos da nosa parte e o que nos queiramos conseguir vai ser fundamental. En conclusión penso que sempre podemos aprender de todo e de todos e sempre, sempre, nos vai ser útil inda que nos pareza que non.

Desde que temos coñecemento da nosa historia existe o networking, porque as relacions son fundamentais e no noso próposito de sobrevivir por encima de todo, esta xa de maneira implicita a nosa capacidade e habilidade de relacionarnos. Entendo, que coma sempre, nos abre portas pero no nos asegura a nosa válidez. Porque moitas veces as personas somos válidas ou non dependendo do contexto e do perfil que se busque así que, outra vez e coma sempre, a posteriori debemos demostralo.

Despois de analizar e reflexionar sempre chego a mesma conclusión, sempre hai que buscar un equilibrio e non deixarse levar polas "novedades" polo solo feito de selas; non al menos sen antes meditar, pensar e facer unha clasificación de todo o que nos chega, para non deixar tampouco no lixo ideas que poidan resultar excelentes, pero na súa xusta medida. A humanidade sempre sacou partido de todos cantos recursos tiña o seu rededor, iso no é nada novo. Hoxe en día o fundamental é estar no mundo do coñecemento e saber que de que recursos dispoñemos, e cales temos a noso alcance ou no seu defecto como podemos chegar a eles.

Deixo de divagar e poñovos xa o meu PLE , ou polo menos aquel do que son consciente.







venres, 14 de novembro de 2014

martes, 11 de novembro de 2014

Personal Learning Environment - PLE



Personal Learning Environment



El entorno personal de aprendizaje o PLE, acrónimo de la expresión original Personal Learning Environment, es una expresión que aproximadamente se viene utilizando desde el 2004, para referirse al conjunto de herramientas, servicios, y conexiones que empleamos para alcanzar diversas metas vinculadas a la adquisición de nuevas competencias.


Aprender a través de un PLE permite dirigir el propio aprendizaje, tal y como ocurre con el aprendizaje informal, conectando información de diversas fuentes, información que llega filtrada y comentada por la comunidad en la que se participa.


Me ha resultado curiosa esta actividad ya que desconocía el término PLE, gracias a ella lo he aprendido y me he dado cuenta de que son muchos los servicios, aplicaciones, conexiones...que establecemos en la red y que nos dan la respuesta a nuestras necesidades. No solo es que sean muchos, sino que van aumentando día a día junto con las exigencias de la sociedad en la que vivimos.

Éste que podéis ver es mi PLE y a lo largo de los días ha ido cambiando porque hace unos meses sólo utilizaba algunas herramientas por ejemplo, el messenger y ahora sin embargo no lo uso, así que creo que es importante decir que a medida que pasa el tiempo y avanzan las nuevas tecnologías y las necesidades de cada uno el entorno personal de cada persona cambia.








En la imagen aparecen los recursos que yo utilizo, suficientes para poder acceder a mucha información y mejorar mi aprendizaje. Aunque cada día las nuevas tecnologías nos sorprenden con algo nuevo, es un reto aprender.

xoves, 6 de novembro de 2014

A fórmula cooperativa como alternativa de emprego ante a crise

Aproveitando a “temática libre” desta colaboración no blogue do compañeiro e compañeiras de Innova, e posto que o traballo por conta propia como medida de inserción laboral é un dos temas tamén importantes da orientación laboral, aproveito para facer difusión e poñer en valor a figura da cooperativa como forma xurídica para o emprendemento en tempos de crise, e, pola miña experiencia, unha das formas xurídicas máis descoñecidas no asesoramento técnico.

Que son as cooperativas?
As cooperativas son empresas onde as socias e os socios se xuntan voluntariamente para satisfacer as súas necesidades, xa sexan económicas, sociais ou culturais en común, na que a propiedade é conxunta e a súa xestión democrática.
As cooperativas son sociedades de capital variable que, a través do exercicio de actividades socioeconómicas, desenvolve unha empresa de propiedade conxunta de todos os socios. A súa finalidade consiste en prestar servizos e satisfacer necesidades e aspiracións dos seus socios, mediante a súa participación activa e en interese pola comunidade.
Neste sentido, o modelo cooperativo, desde o meu punto de vista, conta coas maiores potencialidades para desenvolver políticas transversais en temas como o emprego, a revitalizacion demográfica, o fomento do asociacionismo empresarial, a integracion social, etc. 
Contan cunha estrutura e xestión democráticas, en réxime de libre adhesión e baixa voluntaria, distribuíndose os resultados económicos en función da actividade cooperativizada realizada. Calquera actividade económico-social poderá desenvolverse mediante unha sociedade cooperativa.



Por qué elexir a fórmula cooperativa fronte a outras formas xurídicas?
  1. As cooperativas son unha fórmula de traballo estable, é dicir, na medida en que o proxecto empresarial creado para ter un posto de traballo é de todas as persoas socias, todas elas lotiarán por permanecer nas mellores condicións posibles no mercado de traballo o que garante un alto nivel de estabilidade laboral.  
  2. Existe unha dobre condición de socio/a e traballador/a, o que implica maior motivación xa que están máis identificados co proxecto e os beneficios redistribúense de forma máis equitativa.
  3. Mellora da calidade de vida, xa que permite a conciliación laboral e familiar.
  4. Permiten facer realidade o proxecto profesional e vital dos socios, aproveitando as súas habilidades e os seus coñecementos.
  5. É unha boa oportunidade para persoas que teñan unha maior dificultade de atopar emprego por pertencer a un colectivo determinado (xente nova, maiores de 45 anos, mulleres, colectivos socialmente excluídos)
  6. Vinculación co territorio, as persoas poden entrar e saír da cooperativa, pero a cooperativa como tal permanece ligada ao ámbito territorial donde os socios teñen a súa residencia o que redunda nunha maior cohesión económica e social e no mantemento da poboación.
  7. Poderíamos falar tamén das axudas e apoios que existen a favor da economía social e que tamén poder inclinar a balanza hacia esta forma xurídica, pero considero que non é un dos factores que deberían primar xa que para decidirse por esta figura debemos crer nos seus principios e valores, doutro xeito non teria sentido. Recalcar neste punto que, a través da Estratexia Europea 2020, Europa está a apostar pola economía social, e en concreto polas cooperativas, e por un crecemento intelixente, sostible e integrador para o impulso dunha economía cun alto nivel de emprego que fomente a cohesión social e territorial.
  8. Especialmente adecuada no contexto económico actual. As sangrantes cifras de peche de empresas debido a crise, ou polo contrario, empresas que estando saneadas e que son viables económicamente, pero que poden non contar con relevo xeracional, poden atopar na transformación da empresa nunha cooperativa de traballo asociado unha solución viable para levar a cabo un proxecto empresarial, xa que, ás veces supoñen a única oportunidade para poder continuar no mercado.
Por se alguén quere consultar deixo aquí un enlace á guia para a transformación de sociedades mercantís en cooperativas detraballo asociado publicada pola Confederación de Cooperativas de Traballo Asociado, COCETA.

Para finalizar, recordar que levar adiante un proxecto emprendedor conleva un risco, pero o risco compartido é menor, e as cooperativas son unha boa alternativa empresarial e laboral no caso de querer promover ou participar nun proxecto empresarial de forma colectiva.



Se queres saber máis sobre as cooperativas:
- Consellería de Traballo e Benestar: http://traballo.xunta.es/portada-cooperativas
- Consello Galego de Cooperativas: http://www.cooperativasdegalicia.com/asistente/
- Rede Eusumo: http://www.eusumo.coop/