Amosando publicacións coa etiqueta Motivar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Motivar. Amosar todas as publicacións

domingo, 21 de setembro de 2014

PEGADAS


A miña nube de etiquetas é como podedes ver unaha pegada, con ela creo que podo abarcar al menos dous dos temas que quería comentar.

Primeiro que hai que camiñar, non podemos quedarnos estancados, esperando a que as cousas acontezan por sí soas.
Eu non teño nin idea de Orientación (de momento), Así que  vou falar dende o outro lado, desempregada, que entendo que será complementario. A miña experinecia que supoño que será como a de tantos outros, é a da desinformación.Toparse de repente sin traballo, sin ter ni idea de como funciona ahora o mercado laboral, non sin antes darse de alta no SPEG, tramitar a prestación no SEPE sin que ninguen pronunciase a verba ORIENTADOR. Vagar polas rúas en busca de información, querer entender, buscar en internet, en definitiva ter a sensación de estar en outra época.

Eu era consciente que necesitaba reciclarme porque a miña formación e a miña experiencia, para nada coinciden, e por iso que tan  só necesitaba orientación.

En unha de tantas saídas pola cidade cheguei a un lugar donde me dice que existe un servizo de Orientación do SPEG, por qué non me informaron dende un principio? Non o sei, ahí queda eso.

Teño que decir que a miña  experiencia coa primeria orientadora foi moi negativa (tan só sabía decirme que todo estaba mal e todo isto mirando de cotío o seu reloxo), pero tamén teño que decir que a segunda foi tal  que deixou en min unha gran pegada: explicoume  que as cousas cambiaron, que o mundo non funciona como hai 15 anos, que hai que moverse, formarse, reciclarse, e sobre todo aprender a desaprender  e nunca nunca resignarse, gracias a ela estou en este Posgrado.

Así que en este momento estou facendo un AFD para al menos poder acreditar a miña experinecia, e estou ademais en este curso que aínda que non o vexo como un futuro laboral (xa que hai moitos orientadores profesionales sin traballo), si teño plena esperanza en que me sirva para a min mesma, xa sexa para traballar por conta allea, ou para ser unha desas emprendedoras por necesidade porque, a verdade, madeira de emprendedora no teño, quén sabe podo ter un "flash"!!!!!

Creo nas persoas, nos equipos,  e penso que hai que deixar pegadas o andar, hai que implicarse. Comparto a idea do taxista de Oviedo de ser unha persoa  común, pero o contrario ca el  non quero facer cousas de forma extraordinaria, se non de forma EXCELENTE.

xoves, 18 de setembro de 2014

ABRINDO O CAMIÑO

ABRINDO CAMIÑO, evidentemente  acompañada dunha estrela que sempre nos ilumina.




Iniciei o camiño sendo nova cando por circunstancias persoais me adiquei ó traballo do mar, tanto de mariscadora como na batea , cultivando mexillóns  axudando á familia e  adquirindo  as capacidades de sacrificio,esforzo,"A mal tempo ,boa cara" " Nunca choveu que non escampara" " Cando Dios o dea do mar" , aproveitando o refraneiro popular,  todas elas  actidudes positivas cun deixe tan galego!

Estudei a carreira compatibilizando mais dunha vez o estudo e o traballo, ata que o conseguín.

Simultaneei diversos traballos indo de mariscadora polas mañás e traballando en Asesoría Laboral polas tardes.... ata que conseguín un traballo a xornada completa de Axente de Denvolvemento Local nun Concello.............(xa vos seguirei contando...)

É por iso que a  os vocablos dispostos na imaxen están dentro dunha estrela, de ceo:" estrellitas y luceros que salen por el Oriente pero nunca se ponen en le poniente"; Sempre alumeando o  camiño" ou de mar, porque sempre rexeneran ; ¿ sabedes que ás estrelas de mar de cada brazo que se lle arrinca ou parte, nace unha nova estrela?, pois coma nos, que somos as estrelas da "terra" que  sempre estamos motivándonos, para reciclarnos, para innovar , para aprender, para adquirir novas habilidades , para emprender..... para poder englobalo todo nesa palabra ORIENTACIÓN, esa profesión para a que hai que ter dedicación as 24 horas e que nos leva ó mundo das redes sociais ,pero non para quedar atrapados nelas, como no mar, senón para botar novos brazos e poder transmitilo ós nosos usuarios.


http://about.me/avelinadiosorientadora