xoves, 18 de setembro de 2014

Decisións, circunstancias...e chaves


Empezamos ben. Levo un rato sentado diante do ordenador coa sensación de "medo escénico" ó folio en blanco, neste caso á pantalla. É a miña primeira vez, o confeso. Nunca escribira nun blog. Pero ás circunstancias lévanme aquí.
É o segundo intento. O primeiro acabo de perdelo cando estaba case rematado...cousas da tecnoloxía...ou torpeza miña, máis probablemente.
En fin, que xa non sei si lembrarei o que ía escribir.

A miña reflexión vai de decisións e circunstancias. Ás veces unha circunstancia absolutamente casual, fai que o noso camiño cambie. E as decisións que tomamos van moldeando ese camiño: no persoal, no laboral...

Eu decidín estudiar empresariais: a economía, os custos, a oferta e a demanda, os precios, a inversión, a financiación, Keynes (¿lembrades?), a empresa, o marketing...
Ó rematar pensas que vas ir por aí, que vas para un departamento de contabilidade, para un banco, para un sociedade de inversión, de auténtico "bróker"...

Pero...as circunstancias e as decisións. Aí están. E as miñas, despois de levarme de modo testimonial á banca, puxéronme diante de algo "novo": o inmenso mundo dos recursos humanos.
Empecei polo sector do traballo temporal, unha boa primeira experiencia, aprendín moito e variado.
Pero as circunstancias, outra vez, imprevisibles case sempre, leváronme a tomar unha decisión de cambio: e aí cheguei ó ámbito da xestión da formación continua e ocupacional. Algo totalmente novo para mín.
E despois de moitos anos, cando pensas que sempre vas seguir facendo iso...¡zas!: circunstancias...e cambio.
E aquí estamos: orientación, formación (aí seguimos), intermediación, prospección...
En fin, como vedes, xa case non queda rastro de aquel proxecto de economista que acabou a carreira.


A miña imaxe é unha chave. ¿Por qué? As chaves abren portas...claro, é obvio.

Na nosa faceta de orientadores, tentamos dun modo ou outro, facilitarlle ás persoas, "chaves" para abrirse camiño, ou novas vías no mercado laboral: formación, reciclaxe, orientación, competencias, intermediación..."chaves" para que abran "portas" por si mesmos.
Logo, neste curso, cambiamos os papeis en certo modo: é a nos a quen nos facilitan "chaves" en forma ferramentas dixitais, tecnolóxicas, redes sociais, recursos compartidos, sinerxias, coñecementos...para que as poidamos aplicar no noso traballo, incluso compartíndoas cos nosos usuarios.

Competencias, tecnoloxía, formación, ferramentas dixitais, orientación...chaves para a mellora da empregabilidade...chaves para nos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario