Amosando publicacións coa etiqueta Entorno Persoal de Aprendizaxe. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Entorno Persoal de Aprendizaxe. Amosar todas as publicacións

luns, 3 de novembro de 2014

Un novo acrónimo: PLE

O concepto
Entre novas ferramentas, novos conceptos, novas ideas que estamos a ver neste curso (e no "networking" cos compañeiros), non podían faltar as novas siglas.
E aí xurde o PLE. Segundo a Wikipedia "Un Entorno Persoal de Aprendizaxe (en inglés: Personal Learning Environment, PLE) é un sistema que axuda aos estudiantes a tomar o control e xestión da súa propia aprendizaxe. Jordi Adell o define como "Un enfoque da aprendizaxe".
Segundo como o vimos no tema correspondente, tamén o podemos definir como "un ecosistema onde conflúen as ferramentas e servizos da Web 2.0 coa súa utilización no aprendizaxe persoal".

O meu PLE
A partires deses conceptos teóricos, pareime a pensar si teño ou non teño PLE. Como podo ter algo que acabo de aprender o que é? e ademais, saber utilizalo? non estarei sobreestimando os meus coñecementos?. Pero, rebobinando a sesión presencial na que Carlos Parada o explicou, todo vese bastante mais claro, a partires dos exemplos prácticos. 
Para empezar a desenvolvelo e poder plasmalo gráficamente, o mellor era pensar no que fago cada día dende que empezo a xornada: que programas abro?, que webs consulto?, en que redes sociais participo? uso agregadores de contidos? programas de curación de contidos?...púxenme mans á obra, e iste foi o resultado:



A estrutura
Como vedes intentei estruturalo en apartados. Ademais cada apartado está enlazado a min (si, son eu, toleando de información...pero sin infoxicar) con conectores dun sentido ou de dobre sentido. Os dunha soa punta, reflicten que a información flúe só nun sentido, e dicir, só "recibo" información. Os de dúas puntas, reflicten que podo recibir ou aportar información, e como se pode ver son a maior parte: estamos a falar da Web 2.0.
Hai boletíns, prensa, servizos, o universo Google, agregadores, redes sociais...e algo mais. Moitos deles xa os viña usando dende fai tempo. Pero estou empezando a incorporar novas ferramentas, probándoas e vendo a utilidade que podo sacarlles. Porque tampouco se trata de utilizar todo o que se nos presenta por diante, se non de experimentar, e que cada un podamos ver con qué nos sentimos máis cómodos, qué nos fai optimizar o tempo e a información obtida...e qué nos gusta máis.

A min, o feito de descubrilas e probalas xa me parece divertido... case sempre. Por certo, despois de botarlle un ollo a Canva e a Piktochart, acabei facendo a imaxe do meu PLE ó modo "rústico": en Word, inserindo as imaxes previamente descargadas de Google Imaxes, e poñendo cadros de texto e conectores básicos. En fin...


Pablo Bello


martes, 7 de outubro de 2014

A miña PLE

O meu Entorno Persoal de Aprendizaxe


A primeira vez que oín falar da PLE e do seu concepto en inglés non entendía moi ben a que viña todo iso, e cheguei á conclusión de que unha imaxen vale máis que mil palabras así que dende fai un tempo intentaba facelo con diferentes programas, Canva, Cacoo, ….. rexistreime en Symbaloo e organicei unha parte dos programas e ferramentas coas que traballo habitualmente.

Quedou de repouso na botella a idea de desenvolver a PLE e rexurdiu con forza cando se expuxo por primeira vez fai unhas semás no curso, volvín a buscar información, como non a través de diferentes páxinas e intenteino con varias ferramentas, e a base de facer e desfacer, e como non conseguía o resultado querido manexei a posibilidade de facelo imprimindo,recortando e pegando nun diagrama como se fixo toda a vida.

Pero non podía permitir que a día de hoxe o fixera de forma física para transmitir a miña PLE ó mundo virtual inda que conectado coa realidade.

Pensaba como fai anos elaborábamoslle os Currículums, As Cartas de Presentación……ós usuarios e como facía un Boletín Semanal a modo “collage” en Din A3 para publicar unha revista con Ofertas de emprego que se recortaban da prensa diaria, Axudas, Subvencións, Becas, Artigos con recomendacións para facer unha Búsqueda Activa de Emprego e Formación,…. Repartindo despois polos lugares mais representativos do Concello (sen olvidar os bares) para que a información chegara ós cidadáns.

Todo foi evolucionando e comezamos a manexar a Internet e acceder a un montón de recursos e ferramentas que a día de hoxe nos inundan e que neste curso saberemos encauzar e sobre todo transmitir ós nosos usuarios que son o fin ó cabo o noso obxetivo prioritario de todo o relacionado coa Web 2.0 que tanto engloba.


Polo que rompendo a cachola, facendo e desfacendo, iste é o resultado da miña PLE.