O
meu Entorno Persoal de Aprendizaxe
A
primeira vez que oín falar da PLE e do seu concepto en inglés non
entendía moi ben a que viña todo iso, e cheguei á conclusión de
que unha imaxen vale máis que mil palabras así que dende fai un
tempo intentaba facelo con diferentes programas, Canva, Cacoo, …..
rexistreime en Symbaloo e organicei unha parte dos programas e
ferramentas coas que traballo habitualmente.
Quedou
de repouso na botella a idea de desenvolver a PLE e rexurdiu con
forza cando se expuxo por primeira vez fai unhas semás no curso,
volvín a buscar información, como non a través de diferentes
páxinas e intenteino con varias ferramentas, e a base de facer e
desfacer, e como non conseguía o resultado querido manexei a
posibilidade de facelo imprimindo,recortando e pegando nun diagrama
como se fixo toda a vida.
Pero
non podía permitir que a día de hoxe o fixera de forma física para
transmitir a miña PLE ó mundo virtual inda que conectado coa
realidade.
Pensaba
como fai anos elaborábamoslle os Currículums, As Cartas de
Presentación……ós usuarios e como facía un Boletín Semanal a
modo “collage” en Din A3 para publicar unha revista con Ofertas
de emprego que se recortaban da prensa diaria, Axudas, Subvencións,
Becas, Artigos con recomendacións para facer unha Búsqueda Activa
de Emprego e Formación,…. Repartindo despois polos lugares mais
representativos do Concello (sen olvidar os bares) para que a
información chegara ós cidadáns.
Todo
foi evolucionando e comezamos a manexar a Internet e acceder a un
montón de recursos e ferramentas que a día de hoxe nos inundan e
que neste curso saberemos encauzar e sobre todo transmitir ós nosos
usuarios que son o fin ó cabo o noso obxetivo prioritario de todo o
relacionado coa Web 2.0 que tanto engloba.
Polo
que rompendo a cachola, facendo e desfacendo, iste é o resultado da
miña PLE.
Ningún comentario:
Publicar un comentario