REFLEXIÓN
INDIVIDUAL SOBRE MARCO CONCEPTUAL
Recoñezco de principio que estos
non foron bos días para min e que transmitir estas verbas me resulta
complicado, pero como sempre digo que as desculpas non valen para nada….
RECOÑEZCO que a idea de matricularme neste curso foi
unha decisión difícil de tomar.
RECOÑEZCO que cando me
chegou a notificación a través da plataforma que usamos nos centros
colaboradores estaba endiablada xa que acaba de rematar un Posgrado e outro
curso mais do que acaba de examinarme, e
co que xa lles roubara todo o verán á miña familia.
RECOÑEZCO que valorei
moitos aspectos persoais ( eso de levantarme tódolos días ás 6 da mañá, chegar
á casa pasadas as catro da tarde,
atender á familia, participar en actividades escolares,deportivas-ir ver xogar
ó meu fillo os sábados, ir ó cine algún fin de semana, as charlas motivadoras e despistadoras coa miña tía e familia loitando coa enfermidade……. e laborales( na administración nunca se
valora o esforzo das persoas) e que prometera á miña familia que ata dentro
duns meses non volvería facer outro
curso porque “á parella e á familia hai que coidala” eso se dixo o sábado na
sesión presencial
RECOÑEZCO que me gusta
preocuparme,poñerme sempre no lugar de quen atendo e implicarme moito coa
atención ós usuarios do meu servizo, e non podía pasar por alto non dominar
tódalas ferramentas 2.0 coas que estamos a traballar.
RECOÑEZCO que me gusta
formarme continuamente e non perderme nada.
RECOÑEZCO que me matriculei pola insistencia dunha
compañeira coa que traballei no SPEG
E que gracias ó inicio deste
curso vou aprender moitas ferramentas e manexar moitos máis recursos dos que xa facía uso na miña vida
profesional diariamente, e por todo iso que a miña motivacion profesional de
reciclaxe e adapatabilidade continua do mercado de traballo en tódolos aspectos
que se están a tratar no curso me fai valorar positivamente todo o exposto ata
o de agora:
VALORO POSTIVAMENTE:Coñecer
as Políticas activas de Emprego,A Estratexia Europea de Emprego 2020,as medidas
recollidas na Extratexia Española de Emprego, os modelos que funcionan en
Europa e se intentan importar ó noso País,
ex: Alemania - Formación DUAL (inda que como galega ten a súa parte boa de cara
a adquisición de experiencia e formación
recoñecida por parte dos xoves, e a súa parte mala porque non deixa de ser man
de obra barata para as grandes empresas, inda que tamén cabe a posibilidade de que as pequenas
se asocien por sectores) ,inda que non temos o mesmo tecido industrial polo que
¿Funcionará ou non? , xa se verá ; outro ejemplo: A implantación do Sistema de Garantía Xuvenil
importado dende Finlandia, e que a estes altura da película nin se contrataron
os técnicos que van tutorizar e atender ós famosos NINIS ,agora término recoñecido oficialmente e despectivo dende o
meu punto de vista, e nin que decir ten xa o interese que ten España en que funcionen
os Programas dirixidos ós xóvenes, http://economia.elpais.com/economia/2014/09/21/actualidad/1411292834_119595.html
no que España por suposto non
tiñan a nadie para enviar a Finlandia para ver de maneira práctica como
funciona alí ,xa que están acadando o éxito con esta fórmula e non fora ser que
de deran conta de maneira presencial que o sistema Finlandés de Educación
Regrada non ten nada que ver co noso xa que se implantan desde as garderías, e
non como en España resumido no dito popular de “ desde de la cuna se nace no se hace”
VALORO POSITIVAMENTE A transmisión práctica do funcionamento da WEB
do SPEG, SEPE, das diferentes CONSELLERIAS, e outros organismos tanto por parte
dos Orientadores como por parte de adquirir coñecementos e manexar os recursos
existentes por parte dos usuarios, do que lle fago unha demostración práctica
adaptada ós diferentes perfís e
situación do desempregado.
VALORO POSITIVAMENTE o coñecemento do mercado de traballo actual,a
oferta e a demanda de traballo, o comportamento das ocupacións(as que nacen, desaparecen….),
os novos xacementos de emprego , o análisis dos diferentes indicadores do
mercado de traballo coas diversas publicacións INE, IGE, Obervatorio Ocupacional,
……..co único obxetivo de mellorar o nivel de empregabilidade .
VALORO POSITIVAMENTE o
camiño iniciado fai uns anos para que as
persoas poidan acreditar o seu coñecemento e bo facer na súa ocupación .
O poder transmitir día a día ós usuarios as vías de acceso e os
mecanismos que a maioría descoñecen para a obtención das Competencias Clave e
os Certificados Profesionais.
Agradezco a existencia do CNCP e a existencia do Instituto Galego das
Cualificacións onde hai xente que comunica, transmite e aporta solucións prácticas
, xa que neste tema somos mais ben todos novatos e non é fácil inda que na sesión
presencial do curso si apreciei que foi unha exposición magistral de todo o que
engloba a formación que non é pouco.
VALORO POSITIVAMENTE poder
transmitir ós usuarios a información respecto das Políticas Sociais e de
Emprego da UE xa que coñecía pouco mais que a rede EURES , é existe un libro
aberto de moi diversos programs,axudas,becas…. Co obxetivo
de mellorar a formación académica e profesional.
VALORO POSITIVAMENTE a amplia exposición sobre a iniciativa
emprendedora como forma de acceso ó mercado laboral, porque sei que comprende
un amplio mundo con moitos conceptos e moitas variables relacionadas coa cultura
emprendedora e non chegaría todo o curso para manexar correctamente o tema, xa
que traballei de Técnica de Emprego durante varios anos acompañando na xestación
e nacemento de empresas de diferentes actividades económicas; polo que non é
tan fácil e non estou para nada dacordo coa campaña que se está a facer por parte das Administracións Públicas como saída
profesional nun momento de crise como o
actual ó emprego por conta propia.
As ideas hai que maduralas, “a froita non se colle de verde, cóllese de
madura”,hai que facer un tecido empresarial consistente ,e non que o mínimo soplo de vento e saraiba se
desfaga, a cultura emprendedora comeza por transmitirse na Casa e na Escola,
iso é o que hai que facer para crecer a Economía dun País e non esas famosas
Tarifas Planas de 50 euros de cota á Seguridade Social.
E por último VALORO MOI POSITIVAMENTE
os “velatorios”,! Perdón confusión! Relatorios
de D. Carlos Parada sobre a adquisición das competencias dixitais
e todo o referente á Web 2.0 para a orientación laboral , os traballos individuáis
e grupais que nos fan estar activos as 24 horas.
Si ó final cando chegue novembro vamos botar de menos estar alerta, xa
que vai haber ferramentas que fagan o traballo diario de rastrexo por min .
Polo tanto VALORO positivamente a clara exposición dos
contidos, as fontes de referencia, os recursos externos, a aportación de
recursos propios tanto nos traballos grupais, como nos individuáis, a
colaboración cos compañeiros, ….... A ADQUISICIÓN DE NOVAS COMPETENCIAS á medida que avanza o curso, inda que VALORO NEGATIVAMENTE a falta de tempo
para por en práctica todo, e xa non quero pensar daquí a novembro con todo o que
imos aprender inda .
Avelina Dios Romay
Ningún comentario:
Publicar un comentario