mércores, 22 de outubro de 2014

Desenvolvemento de competencias comunicativas. Reflexión grupal.


REFLEXIÓN GRUPAL SOBRE A PONENCIA “DESENVOLVEMENTO DE COMPETENCIAS COMUNICATIVAS”, DA SESIÓN DO 10/10/14 POR FERNANDO AGUILAR-GALINDO


Partimos de que a comunicación é unha habilidade e comenzamos con Fernando Aguilar dicíndonos algo que aínda que xa sabemos non sempre o temos en conta: As verbas non as leva o vento,Claro que non!

A importancia da educación a hora de pedir, agradecer, desculparse etc, aínda que nos parece incrible non o fai todo o mundo nin ensinamos ós nosos nenos a facelo. Que gran erro!!!! Como de importante é a educación e como se degradou ano tras ano.





Fernando Aguilar: “despertando conciencias”.

“Hai que implicarse non so comprometerse”







Reflexionar sobre a proactividade e a reactividade, aquel “non podo” fronte o “eu si podo”: qué dúas maneiras tan distintas de ve-la vida e como nos pode axudar unha e destruir á outra, porque si algo queda claro é que hai situacións que nos toca vivir e partindo de aí seguimos loitando, reinventándonos...


Proactividade: “sempre se pode facer algo”; reactividade: “Os demais son os que poden facer algo”.

Outro tema tratado do mais interesante foi o da linguaxe non verbal: aquela que expresamos con xestos e que, ás veces, incluso nin somos conscientes de que o estamos facendo; aquela que di tanto de nos, incluso da nosa forma de entende-la vida, aquela que di quen realmente somos e como podemos actuar ante certas circunstancias, aquela que nos condiciona tamén, que nos limita en certo modo, que nos define e que tan difícil é de traballar.




Si buscamos nas redes sociais podemos topar unha morea de videos que nos din que temos que facer e que debemos evitar en canto a xestos corporais e a comunicación en sí, grandes comunicadoras como Elsa Punset ou Teresda Baró experta en Comunicación Persoal co seu libro "La Gran Guía del Lenguaje no Verbal"publicado recentemente e moi recomendable.




Como debemos comunicarnos (comunicación interpersoal) e sobre todo como debemos asegurarnos de que a nosa mensaxe chegou a seu destino: a retroalimentación, o feedback. Non cabe dúbida de que moitas das mensaxes non chegan ó seu obxectivo ou non chegan como foron enviadas, non hai por tanto unha comunicación se non unha mensaxe enviada que queda, nos mellores dos casos, perdida; porque moitas veces o problema da comunicación no son só os condicionantes externos, ou de idade, sexo etc. É simplemente que a persoa coa que falamos non nos está escoitando.




Crear un ambiente cálido, usar unha linguaxe axeitada que estea ó nivel do receptor apartándonos na medida do posible dos tecnicismos, potenciará sen dúbida a comunicación.
A escoita compresiva, a asertividade, en definitiva, falar con franqueza, humildade, é moito do que podemos facer para que a mensaxe se comprenda sen facer dano.
Saber preguntar para chegar ó fondo realmente do que necesitamos saber, para que o receptor se abra en non nos conteste de maneira pechada.
…..E como receptor, sobre todo, saber escoitar: que razón aquelo de “sabe mais o que mais escoita”

Outra das habilidades comunicativas, parte importante da intelixencia emocional, é a introspección, o autocoñecemento, saber quen somos, que queremos, que temos, que desexamos, que valoramos; en definitiva, saber onde estamos e hacia onde queremos ir: “non se pode chegar si non se sabe hacia onde se vai”. Iso implica coñecer a realidade (ser realista) e tratar de cambiala (ser optimista).






Si algo nos deixa claro Fernando Aguilar, é o paso do tempo: hai que priorizar o realmente importante, porque todo o demais sempre vai ter cabida. Vimos aquí a ser felices, non poderíamos estar mais de acordo con el.

Coñecer polo tanto as nosas fortalezas e traballar as nosas debilidades, ser conscientes de que a imaxe que temos de nos e a que teñen os demais non vai coincidir, quizais porque non nos coñecemos ben, porque é difícil admitir os nos defectos i é mais fácil resaltar as nosas virtudes e quizais tamén porque os demais tampouco nos coñecen ben.
Coñecer os nosos medos e enfrontalos, non deixar de facer nunca nada por medo. Que difícil!!!
Estudar esa área descoñecida onde nos di Fernando que se encontran moitos dos nosos potenciais...

Fernando, como se entra en esa área descoñecida?????



Pero, ¿Onde comeza todo? ¿como se van definindo nas persoas as súas competencias comunicativas, esas fortalezas e debilidades, esas habilidades?

Comezamos a nosa historia “comunicativa” dende nenos, na contorna familiar, cos amigos...e por suposto na escola. Como se comentou, temos unhas habilidades comunicativas e sociais innatas e outras que se poden aprender. E aí empezan os problemas: aprendemos en moitos ámbitos, pero a escola, o ámbito educativo é un eido fundamental.

E, ó igual que noutras disciplinas históricamente marxinadas ou directamente ignoradas, o sistema educativo non traballa, ou polo menos non como debera, o ámbito das competencias comunicativas e as habilidades sociais. E iso debera ser fundamental dende ben pequeniños ¿ou non?: inculcar valores, comportamentos, socialización...educar “Persoas”.


Nun mundo acelerado, no cal o que importa é o seguinte obxectivo, alcanzalo o antes posible, e despois a polo seguinte….e así sucesivamente, o habitual e que perdamos a perspectiva do realmente fundamental: que queremos? que valoramos? ou non debera ser que o fundamental sexa ser “felices”? ¿non deberíamos parar a disfrutar dos momentos que nos gustan; buscar eses pequenos ocos que poden existir cada día?....



Pois si hai unha competencia importante para non perder de vista ese obxectivo, esa é o “optimismo”. Un plantexamento optimista ante a vida, fai que sexamos máis capaces, que poidamos facer cousas sen deixar que as circunstancias nos condicionen.

“Debemos inocular optimismo á realidade” (Fernando Aguilar): abrir posibilidades. Si non creemos que algo vaia saír ben, dende logo no sairá ben.

Como contou Fernando Aguilar: si non es optimista, esquécete de chegar a ser astronauta: como vai a NASA a mandar a Marte a alguén que pensa que non van chegar nunca?




Hai competencias sociais que podemos e debemos traballar e potenciar: comunicación, escoita, empatía, adaptabilidade, flexibilidade. Estas dúas últimas cobran especial importancia nun mundo cambiante, a alta velocidade. Debemos estar predispostos ó cambio, a saír da nosa “Zona de confort” (novo concepto), a adaptarnos ó novo...cóstanos deixala, dar o paso...pero cando saímos, e nos “readaptamos”, sentimos esa satisfacción do logro acadado…non paga a pena arriscarse?



Outra competencia social que podemos traballar é a asertividade. E, en particular, a asertividade fronte a agresividade: a asertividade “constrúe” e a agresividade “destrúe”.

Tamén podemos falar da vocación, é dicir, ter un propósito, saber a onde queremos dirixirnos. Moi importante, nestes últimos tempos tan complexos, de crise, de incerteza, e en moitos casos, pesimismo...ter algo polo que loitar, algo que realmente faga que nos poñamos en marcha.


Volvendo ós enfoques positivos, unha técnica proveitosa na comunicación é a “reformulación positiva”, darlle unha volta á forma de presentar os problemas; ou serán oportunidades…? Moitas cuestións (propias ou dos nosos interlocutores) pódense reformular, presentalas dende outro prisma, buscarlles “a parte boa”...a fin de contas, trátase dunha actitude, dunha predisposición vital.


Xa, xa...non sempre é posible. Non somos máquinas. Non sempre estamos nas condicións adecuadas, nin temos a forza necesaria ante os problemas, pero….e si o intentamos?



E, en certa medida relacionado coa reformulación positiva, na comunicación teñen un papel primordial as preguntas, saber preguntar, ós máis, á nos mesmos. Saber autopreguntarnos pode axudarnos a entender situacións, a resolver cuestións, dúbidas.

As preguntas abertas, na comunicación, poden darnos moita máis información que as preguntas pechadas.



Outro concepto xa comentado anteriormente: o feedback, a retroalimentación: intercambio de mensaxes, de información. Sírvenos tamén para confirmar que realmente existe comunicación, é dicir, que a información discorre en dous sentidos: emitimos e recibimos.


O feedback é un elemento importante para verificar que a comunicación é eficaz, que é recibida e comprendida.




Na nosa tarefa de orientadores, este é un elemento fundamental estreitamente vinculado á escoita activa (outro elemento máis da comunicación): debemos saber comunicar, informar, saber escoitar, saber preguntar e saber responder.




¡Todo iso! ¡E “só” falando de comunicación…!

Esta pequena pero intensa e comprimida reflexión sobre os distintos conceptos que abarca a comunicación, pretende que nos fagamos unha idea do que pode influír nas nosas vidas, e o importante que é desenvolver as nosas competencias comunicativas, tanto na nosa vida persoal coma na nosa labor profesional.

Debemos traballar as competencias sociais, a comunicación, dende nenos; debemos ser conscientes de que podemos (e debemos) facelo. Non somos como nacemos, ímonos “facendo”. É importante. Para nós e para os demais.








Webgrafía 

Asertividad ¿Sabes lo que es? (video)
"La cadena de la empatía" (video)
Elsa Punset, "Consejos para usar el lenguaje no verbal"
Teresa Baró Experta en Comunicación Persoal http://www.teresabaro.com/





GRUPO INNOVA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario