xoves, 9 de outubro de 2014

Reflexión sobre o marco conceptual - módulo 1


UN PERCORRIDO POLO MARCO CONCEPTUAL DA ORIENTACIÓN LABORAL DO MÓDULO 1






Dentro do tema 1:

A organización, estrutura e competencias do SEPE e do SPEG, unha importante visión dos dous organismos competentes en materia de emprego un en políticas pasivas e o outro nas activas.



- “A política de emprego é o conxunto de actuacións que toman os poderes públicos co obxectivo de alcanzar o pleno emprego ou, cando menos, corrixir os principais desequilibrios do mercado de traballo.”Cando falamos de políticas de emprego estamos a falar de políticas activas e pasivas.

No actual estado de crise, as políticas pasivas cobran un incremento a nivel nacional nunca antes visto na historia da democracia, sería interesante volver a unha unión institucional dentro das competencias a nivel nacional e de comunidades autónomas é necesario sumar esforzos e máxima cooperación evitando no posible a duplicidade de servizos o cidadán.

O marco actual das políticas activas en España.Existe un amplo marco institucional neste ámbito desde o Consello Europeo de Luxemburgo, Consello Europeo de Lisboa, Lei 56/2003, Real Decreto 1542/2011 ( aproba a Estratexia Española de Emprego 2012/2014.) Programa Nacional de Reformas.

Reformas das políticas activas de emprego en España: Lei 35/2010, Real Decreto Lei 1/2011, RDL 3/2011, RDL 3/2012.

Por outra banda, vimos a Estratexia Española de Emprego 2012/214: obxectivos,ámbito e financiamento. O Plan Anual de Reformas de España 2014 ten como obxectivo afondar nas reformas e favorecer a recuperación económica máis a creación de emprego, medidas a adoitar: promover o contrato a tempo parcial, flexibilidade na xestión do tempo de traballo,fomentar o contrato indefinido, coa redución das cotizacións a Seguridade Social, entre outras medidas.

Vimos as medidas que se adoitan para loitar contra o desemprego e as consecuencias sociais da crise:

Estratexia española de Activación para o emprego 2014/2016, a implantación do Plan Nacional de Garantía Xuvenil, financiado por fondos comunitarios.

Fixemos especial fincapé nas políticas activas de emprego, no desemprego xuvenil, na Educación e Formación Dual, o apoio o emprendemento, medidas fiscais, medidas a impulsar o financiamento, a internacionalización. Dentro do Plan Estratéxico de internacionalización da economía española 2014/2015 o cal pretende mellorar a capacidade e a propensión exportadora, diversificar os mercados de destino, incrementar e atraer investimentos de fora, entre outros obxectivos, importantísimo, na miña opinión, crease a Xanela Global do ICEX, instrumento novo on line para facilitar as demandas das empresas e institucións a todos os instrumentos da administración Xeral do Estado relacionados coa internacionalización.

Considero o punto máis interesante do tema posto que quizais a clave do saneamento da economía nacional, desde o meu punto de vista, este na mellora da internacionalización do noso sistema empresarial e o fomento para a necesidade de mellorar este aspecto no noso tecido empresarial. Para aqueles que aínda non se lanzaron e poderían ser grandes empresas en potencia. Os nosos empresarios temen a internacionalización quizais debido a falta de formación adecuada no ámbito directivo, pode que o medo de non ser capaces de dirixir unha gran empresa con todos os inconvenientes que lles traería, pesa moito na toma de iniciativas cara á internacionalización.

Temos a dificultade para a ampliación das empresas por exemplo en todas as trabas burocráticas que aínda dificultan o desenvolvemento do sector industrial, implica a ter uns recursos tanto humanos como en espazo máis amplos que non todos poderían afrontar sen as correspondentes axudas. Estanse a facer cousas moi interesantes e novidosas pero aínda queda moito, como a falta de especialistas na materia.

Debe ser un feito reducir as cargas e a simplificación administrativa.

A Política de Emprego en Europa, a destacar está A Estratexia Europea de Emprego 2020: prioridades, obxectivos e financiamento.



Tema 2:


O mercado de traballo, os indicadores do mercado de traballo, o desemprego, o mercado de traballo actual, as ocupacións, instrumentos e ferramentas para o estudo de mercado, cómo e onde traballar.

Aprendemos importantes conceptos sobre o mercado de traballo, o seu equilibrio, as diferenzas entre a corrente clásica e os keynesianos.

Teño que dicir que non estou de acordo coa corrente clásica a rixidez dos salarios non son a causa do paro. Esta teoría mostrase pouco crible a día de hoxe, fai falta novas achegas a economía e inclúe novas ideas e novos pensamentos, vimos que as causas do paro van máis alá de esta teoría.

En canto as axudas e subvencións a contratación e á creación de emprego, paréceme converter o mercado de traballo nun mercado lucrativo do emprego. Merece a pena valorar hasta qué punto foron eficaces este tipo de bonificacións e si non se rompeu a igualdade de oportunidades no acceso o emprego.

“O dereito o traballo é o dereito fundamental humano polo que toda persoa ten dereito, a libre elección do mesmo, a condicións iguais e satisfactorias do traballo, a protección contra o desemprego, sen discriminación, con igualdade salarial, remuneración digna, protección social e dereito de sindicación.” artigo 23 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.


No tema 3:


Vimos a certificación e cualificación profesional diferenzas entre o concepto; cualificación profesional e competencia profesional. O Catalogo Nacional de Cualificacións Profesionais. O Marco Europeo das cualificacións, o EQF (European Qualifications Framework) vimos que é o marco de referencia para os diferentes países en canto os certificados de cualificacións. En Galicia temos de referente o Instituto Galego das Cualificacións, instrumento fundamental e indispensable no traballo dun técnico de emprego., este a súa vez conta cun observatorio cunha base de datos para promover a cooperación do resto de observatorios territoriais e proporcionar información sobre a evolución da oferta e demanda..O instrumento de acreditación oficial das cualificacións profesionais do CNCP son os certificados de profesionalidade. Referente que certifica a experiencia, a formación profesional para o emprego e a formación profesional inicial.

Indispensables os links facilitados polos titores neste tema os cales é necesario coñecer e fundamental saber manexar, saber extraer un informe por exemplo, ca información que nos achegan. Quédome sen dúbida algunha con este apartado, o da bibliografía. Na miña experiencia como orientadora laboral, fóronme ferramentas moi útiles.


No tema 4:


A política social e de emprego da Unión Europea. Os obxectivos de esta política son o crecemento do emprego, a calidade do mesmo, as condicións de traballo, a mobilidade (referencia a libre circulación dos traballadores), información e consulta os traballadores, a loita contra a pobreza e a exclusión social, a igualdade de xénero e a modernización dos sistemas de protección social.

A Estratexia Europa 2020 sostén un crecemento intelixente, sostible e inclusivo (novas capacidades para novos empregos).

O FEAG e o FSE e as súas diferenzas o primeiro proporciona axudas individuais e de duración limitada os traballadores que perderon o emprego, non financia medidas pasivas de protección social. O segundo adopta unha postura máis estratéxica a longo prazo, aposta polo aprendizaxe permanente.

Como reflexión desde o punto de vista social creo que a segmentación dos mercados de traballo europeos fan que unha parte importante da poboación ocupada esté en condicións precarias ben pola temporalidade do contrato, pola súa parcialidade ou pola baixa remuneración do traballo. Trátase de colectivos atrapados na sucesión de empregos a corto prazo e de calidade mediocre, unha parte importante do emprego adoece de potencial de integración que unido a factores socio-demográficos e institucionais aumentan o risco de exclusión social.


Respecto do tema 5:


A iniciativa emprendedora como forma de acceso o mercado laboral puidemos estudar o emprendemento cos seus beneficios e as súas inconveniencias, cáles son os elementos esenciais para crear unha empresa e por último e sumamente importante no máis amplo sentido da orientación o contido dun plan de empresa.

Segundo o informe do Libro Blanco del Emprendedor, a pregunta de por qué en España non se emprende --“Los principales condicionantes a la hora de tomar la decisión de no emprender en España son el miedo al fracaso y la aversión al riesgo” sumaría a mala imaxe que se ten do autoempleo. O estudo compara a poboación dos Estados Unidos e da un dato que o resume todo, en España asumiría o risco un 12% fronte a un 39% en USA. Importante fomentar o emprendemento pero desde a formación no sistema educativo e interacción dos alumnos con emprendedores locais. Aprender a ser emprendedores.

É necesario o financiamento novas fontes de financiamento o chamado “business angels” ou inversores próximos, un individuo próspero que prové de capital para un start-up, usualmente a cambio de participación accionaría, startup, fai referencia a ideas de negocios que están empezando ou están en construción, é dicir, son empresas emerxentes apoiadas en tecnoloxía. Son ideas que innovan ó mercado. O negocio dos business angels, é apostar por pequenas inversións en varias compañías start-up, manifestando que existe unha probabilidade moi alta de que algúns dos negocios se desmarque do resto e poida desenvolverse con éxito.

Nesta tarefa, non pretendo facer un resumo do temario, senón facer un percorrido por los temas e subliñar aqueles puntos que máis me chamaron a atención pola súa importancia ou pola repercusión que están a ter nestes momentos de crise económica e de desemprego.








Ningún comentario:

Publicar un comentario