Amosando publicacións coa etiqueta Habilidades. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Habilidades. Amosar todas as publicacións

luns, 27 de outubro de 2014

Marco personal




ORIENTACIÓN LABORAL: MARCO PERSONAL


REFLEXIÓN INDIVIDUAL





A miña reflexión sobre este módulo fai fincapé sobre todo nas , habilidades e competencias de un orientador máis que nas propias funcións que entendo son máis doadas de discernir. Para isto, dado que eu non procedo do mundo da orientación e ademáis me encontro en situación de desemprego, quixen contrastar un pouco a teoría que estamos a ver en este curso coa realidade  que os  parados nos atopamos. Tamén foi unha boa proba para encontrarme a min mesma como posible futura orientadora. 

Como é obvio cando acudimos a un orientador é porque estamos “desorientados” e necesitamos: motivación,  que nos guíen hacia  outro mundo distinto o que nos encontramos, que nos axuden a asumir a realidade e que nos fagan ver  algunha maneira de salir dela.

Procedín pois a solicitar cita con varias orientadoras (en este caso  todas eran mulleres). Topeime con distintos enfoques, todos respetables por suposto, algunhos utilizan técnicas meramente informativas que obviamente  para unha persona con unhos obxectivos fixados e unha autoestima en valor son  suficientes, en outros casos  topeime co que eu realmente entendo por orientador/a , aquela persona que se implica, que coñece e analiza a  realidade de cada individuo e que  abre un abanico de direccions polas que poder  camiñar……. para poder chegar. 

Ese  orientador/a  comparoo con  aquel mestre que non so da contidos senón que indaga en cada persona para aplicar técnicas de aprendizaxe que fan que ese individuo queira avanzar: a motivación, a empatía, a comunicación.
Por outra parte entendo tamén que as circunstacias de tempo e incluso de espacio poidan limitar esta e calquer outra función.

Ante todo debemos pensar que “todos somos capaces”, solo falta que alguén, quén menos te esperes chisque un dedo e che faga ver outro camiño, para iso non é suficiente coñecer a teoría, os recursos, etc fai falta non só querer transmitir (que entendo que todo mundo quere) se non saber transmitir,e esta e para min unhas das tarefas que se torna máis difícil, non se trata de “saber mais” se non desaber transmitir  mellor



Pola outra banda estan a novas tecnoloxías como ferramentas valiosas para os tempos que vivimos, que entendo que hai que aproveitar e coñecer para así poder aplicalas nos maiores casos posibles. Dende o meu analfabetismo tecnolóxico ese é unha árdua labor, pero considero que se supera  con dedicaciónn e esforzo, lexos da a difícil tarea de ser un bon  comunicador, incluso a hora de simplemente transmitir información canto mais si falamos realmente de orientación.


O que me plantexa máis  dudas son os perfiles dixitales, precisamente por aquela área oculta da fiestra de Johari. Baixo a miña opinión o soporte dixital ou o escrito é un dos mellores caldos de cultivo  para que o individuo de a coñecer de si mesmo o que realmente considere interesante e oculte aquelo que non quere deixar ver. Supoño que os videocurriculums mermarán este risco pero aínda así considero que é algo a ter en conta. En este  senso penso que pode pasar o mesmo coa identidade dixital, mostrándonos de unha maneira que non se corresponda en absoluto coa nosa personalidade. 

Estou segura que se poderan ver moitos rasgos da nosa personalidad e actitudes  pero dudo que se deixen ver outros non menos importantes do noso carácter.
O día a día virtual non semella ser o mesmo que o día a día real.


xoves, 18 de setembro de 2014

ABRINDO O CAMIÑO

ABRINDO CAMIÑO, evidentemente  acompañada dunha estrela que sempre nos ilumina.




Iniciei o camiño sendo nova cando por circunstancias persoais me adiquei ó traballo do mar, tanto de mariscadora como na batea , cultivando mexillóns  axudando á familia e  adquirindo  as capacidades de sacrificio,esforzo,"A mal tempo ,boa cara" " Nunca choveu que non escampara" " Cando Dios o dea do mar" , aproveitando o refraneiro popular,  todas elas  actidudes positivas cun deixe tan galego!

Estudei a carreira compatibilizando mais dunha vez o estudo e o traballo, ata que o conseguín.

Simultaneei diversos traballos indo de mariscadora polas mañás e traballando en Asesoría Laboral polas tardes.... ata que conseguín un traballo a xornada completa de Axente de Denvolvemento Local nun Concello.............(xa vos seguirei contando...)

É por iso que a  os vocablos dispostos na imaxen están dentro dunha estrela, de ceo:" estrellitas y luceros que salen por el Oriente pero nunca se ponen en le poniente"; Sempre alumeando o  camiño" ou de mar, porque sempre rexeneran ; ¿ sabedes que ás estrelas de mar de cada brazo que se lle arrinca ou parte, nace unha nova estrela?, pois coma nos, que somos as estrelas da "terra" que  sempre estamos motivándonos, para reciclarnos, para innovar , para aprender, para adquirir novas habilidades , para emprender..... para poder englobalo todo nesa palabra ORIENTACIÓN, esa profesión para a que hai que ter dedicación as 24 horas e que nos leva ó mundo das redes sociais ,pero non para quedar atrapados nelas, como no mar, senón para botar novos brazos e poder transmitilo ós nosos usuarios.


http://about.me/avelinadiosorientadora