Amosando publicacións coa etiqueta Emprender. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Emprender. Amosar todas as publicacións

xoves, 6 de novembro de 2014

A fórmula cooperativa como alternativa de emprego ante a crise

Aproveitando a “temática libre” desta colaboración no blogue do compañeiro e compañeiras de Innova, e posto que o traballo por conta propia como medida de inserción laboral é un dos temas tamén importantes da orientación laboral, aproveito para facer difusión e poñer en valor a figura da cooperativa como forma xurídica para o emprendemento en tempos de crise, e, pola miña experiencia, unha das formas xurídicas máis descoñecidas no asesoramento técnico.

Que son as cooperativas?
As cooperativas son empresas onde as socias e os socios se xuntan voluntariamente para satisfacer as súas necesidades, xa sexan económicas, sociais ou culturais en común, na que a propiedade é conxunta e a súa xestión democrática.
As cooperativas son sociedades de capital variable que, a través do exercicio de actividades socioeconómicas, desenvolve unha empresa de propiedade conxunta de todos os socios. A súa finalidade consiste en prestar servizos e satisfacer necesidades e aspiracións dos seus socios, mediante a súa participación activa e en interese pola comunidade.
Neste sentido, o modelo cooperativo, desde o meu punto de vista, conta coas maiores potencialidades para desenvolver políticas transversais en temas como o emprego, a revitalizacion demográfica, o fomento do asociacionismo empresarial, a integracion social, etc. 
Contan cunha estrutura e xestión democráticas, en réxime de libre adhesión e baixa voluntaria, distribuíndose os resultados económicos en función da actividade cooperativizada realizada. Calquera actividade económico-social poderá desenvolverse mediante unha sociedade cooperativa.



Por qué elexir a fórmula cooperativa fronte a outras formas xurídicas?
  1. As cooperativas son unha fórmula de traballo estable, é dicir, na medida en que o proxecto empresarial creado para ter un posto de traballo é de todas as persoas socias, todas elas lotiarán por permanecer nas mellores condicións posibles no mercado de traballo o que garante un alto nivel de estabilidade laboral.  
  2. Existe unha dobre condición de socio/a e traballador/a, o que implica maior motivación xa que están máis identificados co proxecto e os beneficios redistribúense de forma máis equitativa.
  3. Mellora da calidade de vida, xa que permite a conciliación laboral e familiar.
  4. Permiten facer realidade o proxecto profesional e vital dos socios, aproveitando as súas habilidades e os seus coñecementos.
  5. É unha boa oportunidade para persoas que teñan unha maior dificultade de atopar emprego por pertencer a un colectivo determinado (xente nova, maiores de 45 anos, mulleres, colectivos socialmente excluídos)
  6. Vinculación co territorio, as persoas poden entrar e saír da cooperativa, pero a cooperativa como tal permanece ligada ao ámbito territorial donde os socios teñen a súa residencia o que redunda nunha maior cohesión económica e social e no mantemento da poboación.
  7. Poderíamos falar tamén das axudas e apoios que existen a favor da economía social e que tamén poder inclinar a balanza hacia esta forma xurídica, pero considero que non é un dos factores que deberían primar xa que para decidirse por esta figura debemos crer nos seus principios e valores, doutro xeito non teria sentido. Recalcar neste punto que, a través da Estratexia Europea 2020, Europa está a apostar pola economía social, e en concreto polas cooperativas, e por un crecemento intelixente, sostible e integrador para o impulso dunha economía cun alto nivel de emprego que fomente a cohesión social e territorial.
  8. Especialmente adecuada no contexto económico actual. As sangrantes cifras de peche de empresas debido a crise, ou polo contrario, empresas que estando saneadas e que son viables económicamente, pero que poden non contar con relevo xeracional, poden atopar na transformación da empresa nunha cooperativa de traballo asociado unha solución viable para levar a cabo un proxecto empresarial, xa que, ás veces supoñen a única oportunidade para poder continuar no mercado.
Por se alguén quere consultar deixo aquí un enlace á guia para a transformación de sociedades mercantís en cooperativas detraballo asociado publicada pola Confederación de Cooperativas de Traballo Asociado, COCETA.

Para finalizar, recordar que levar adiante un proxecto emprendedor conleva un risco, pero o risco compartido é menor, e as cooperativas son unha boa alternativa empresarial e laboral no caso de querer promover ou participar nun proxecto empresarial de forma colectiva.



Se queres saber máis sobre as cooperativas:
- Consellería de Traballo e Benestar: http://traballo.xunta.es/portada-cooperativas
- Consello Galego de Cooperativas: http://www.cooperativasdegalicia.com/asistente/
- Rede Eusumo: http://www.eusumo.coop/

xoves, 18 de setembro de 2014

ABRINDO O CAMIÑO

ABRINDO CAMIÑO, evidentemente  acompañada dunha estrela que sempre nos ilumina.




Iniciei o camiño sendo nova cando por circunstancias persoais me adiquei ó traballo do mar, tanto de mariscadora como na batea , cultivando mexillóns  axudando á familia e  adquirindo  as capacidades de sacrificio,esforzo,"A mal tempo ,boa cara" " Nunca choveu que non escampara" " Cando Dios o dea do mar" , aproveitando o refraneiro popular,  todas elas  actidudes positivas cun deixe tan galego!

Estudei a carreira compatibilizando mais dunha vez o estudo e o traballo, ata que o conseguín.

Simultaneei diversos traballos indo de mariscadora polas mañás e traballando en Asesoría Laboral polas tardes.... ata que conseguín un traballo a xornada completa de Axente de Denvolvemento Local nun Concello.............(xa vos seguirei contando...)

É por iso que a  os vocablos dispostos na imaxen están dentro dunha estrela, de ceo:" estrellitas y luceros que salen por el Oriente pero nunca se ponen en le poniente"; Sempre alumeando o  camiño" ou de mar, porque sempre rexeneran ; ¿ sabedes que ás estrelas de mar de cada brazo que se lle arrinca ou parte, nace unha nova estrela?, pois coma nos, que somos as estrelas da "terra" que  sempre estamos motivándonos, para reciclarnos, para innovar , para aprender, para adquirir novas habilidades , para emprender..... para poder englobalo todo nesa palabra ORIENTACIÓN, esa profesión para a que hai que ter dedicación as 24 horas e que nos leva ó mundo das redes sociais ,pero non para quedar atrapados nelas, como no mar, senón para botar novos brazos e poder transmitilo ós nosos usuarios.


http://about.me/avelinadiosorientadora