Amosando publicacións coa etiqueta CURSO POSGRAO ESPECIALIZACIÓN EN ORIENTACIÓN LABORAL 2014. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CURSO POSGRAO ESPECIALIZACIÓN EN ORIENTACIÓN LABORAL 2014. Amosar todas as publicacións

mércores, 5 de novembro de 2014

A POSTA EN ESCENA COMO ESTRATEXIA DE VENDA. Reflexión de Tero Rodríguez

          Tras toda unha vida dedicada ao estudo e práctica da posta en escena de espectáculos e tras unha década de traballo alimenticio nunha gran empresa experta en vendas e trato co público, un bo día caeu nas miñas mans o estudo La presentación de la persona en la vida cotidiana que o pai da microsocioloxía Erving Goffman publicou en 1959.  

          Neste libro analízase a interacción social como se os que participan nela fosen actores nun escenario. Goffman parte da idea de que existe unha dualidade entre o que somos e o que queremos que os demais pensen que somos, e que toda interacción social é unha performance creada para os outros, é dicir, que cando nos amosamos ante os demais tratamos de proxectar, consciente ou inconscientemente, unha impresión sobre nós mesmos; interpretamos o papel que queremos transmitir.

          A partir disto eu fixen un pequeno exercicio de investigación no que aplicaba a análise de Goffman á miña empresa, comprobando que  os mecanismos da representación teatral descritos polo sociólogo cadraban perfectamente no funcionamento do organigrama interno e no deseño das estratexias comerciais de cara ao cliente.  Dito doutro xeito, comprobei que a empresa que estaba no primeiro posto en volume de vendas no 2008 entre os grandes almacéns europeos, e no posto terceiro a nivel mundial, detrás das cadeas estadounidenses Sears e Macy’s, se organizaba cos mesmos elementos ca un espectáculo teatral: guión textual, roles, personaxes con vestiario, con pautas sobre peiteados e maquillaxe, zonas de representación fronte a zonas privadas, deseños de escenografía, atrezzo, iluminación, espazo sonoro...


          Do termo «actuación» Goffman di que se trata da actividade total do individuo para lograr certa influencia sobre os demais participantes na interacción. Eu puiden comprobar que esta empresa consegue que os seus empregados e empregadas sexan grandísimos «actuantes», é dicir grandísimos actores e actrices, porque a formación que reciben vai encamiñada ao que Goffman chama «actuación sincera», que implica que o actuante crea na impresión que fomenta.

          A firma para a que eu traballaba nunca facía que os seus actores e actrices pensásemos que estabamos interpretando un papel, non nos daba pautas formais, as súas enerxías ían encamiñadas a estimularnos e facernos crer que eramos ese marabilloso traballador «personaxe tipo» facilmente identificable coa súa empresa.

          Cando unha persoa candidata a formar parte da plantilla ía superando fases do proceso de selección, íana convencendo de que estaba entrando nunha especie de elite dentro do mundo laboral privado e inculcábanlle que a formación continua que recibiría a convertería en man de obra moi apreciada por outras empresas e moi envexada polo resto do proletariado.  

          A empresa sabe perfectamente que non está contratando a actores e actrices capaces de defender un papel de ficción, é dicir, un papel no que non crean; e opta por tentar que crean no que se lles pide que fagan. É por iso que se fomenta que ser empregado do grupo non só é unha actividade laboral senón un xeito de vida, tamén por esa razón se estimula a endogamia, as celebracións que unen os grupos de traballo, o consumo no propio centro, a contratación de familiares ou amigos recomendados por membros da empresa...  Establécese así un paralelismo co método de Stanislavsqui, pois se traballa sobre a propia experiencia vital do individuo.

          E que pasa cos consumidores?

          As enquisas que esta empresa fai entre os seus clientes e as conclusións que se tiran da tendencia da poboación xeral, levan a determinar que na sociedade existe a convicción de que nestes establecementos os produtos son máis caros ca na maioría dos comercios. Pese a que a crise económica dos últimos anos levou aos seus directivos a tratar de cambiar esta percepción iniciando unha campaña de publicidade paliativa e lanzando unha marca branca para artigos básicos de alimentación, o certo é que o grupo estima que as claves da súa prosperidade están, sobre todo, en que ser cliente da súa empresa dá prestixio social.  Quere isto dicir que os seus clientes non só compran por consumir os seus artigos, senón tamén, e sobre todo, porque se saiba que o fan, porque se lles vexa; o cal implica que, de xeito máis ou menos inconsciente, participan tamén do feito teatral, do espectáculo.

            E todo isto por que? Porque a empresa, ante todo, vende imaxe.


            Alguén se atreve a negar a eficacia da súa estratexia de posta en escena? 

martes, 7 de outubro de 2014

REFLEXIÓN INDIVIDUAL SOBRE MARCO CONCEPTUAL



REFLEXIÓN INDIVIDUAL SOBRE MARCO CONCEPTUAL

Recoñezco de principio que estos non foron bos días para min e que transmitir estas verbas me resulta complicado, pero como sempre digo que as desculpas non valen para nada….

RECOÑEZCO  que a idea de matricularme neste curso foi unha decisión difícil de tomar.

RECOÑEZCO que cando me chegou a notificación a través da plataforma que usamos nos centros colaboradores estaba endiablada xa que acaba de rematar un Posgrado e outro curso mais do que acaba de examinarme, e  co que xa lles roubara todo o verán á miña familia.

RECOÑEZCO que valorei moitos aspectos persoais ( eso de levantarme tódolos días ás 6 da mañá, chegar á casa  pasadas as catro da tarde, atender á familia, participar en actividades escolares,deportivas-ir ver xogar ó meu fillo os sábados, ir ó cine algún fin de semana, as charlas motivadoras e despistadoras coa miña tía e familia loitando coa enfermidade…….  e laborales( na administración nunca se valora o esforzo das persoas) e que prometera á miña familia que ata dentro duns meses non volvería  facer outro curso porque “á parella e á familia hai que coidala” eso se dixo o sábado na sesión presencial

RECOÑEZCO que me gusta preocuparme,poñerme sempre no lugar de quen atendo e implicarme moito coa atención ós usuarios do meu servizo, e non podía pasar por alto non dominar tódalas ferramentas 2.0 coas que estamos a traballar.

RECOÑEZCO que me gusta formarme continuamente e non perderme nada.

RECOÑEZCO que me matriculei pola insistencia dunha compañeira coa que  traballei no SPEG

E que gracias ó inicio deste curso vou aprender moitas ferramentas e manexar moitos máis  recursos dos que xa facía uso na miña vida profesional diariamente, e por todo iso que a miña motivacion profesional de reciclaxe e adapatabilidade continua do mercado de traballo en tódolos aspectos que se están a tratar no curso me fai valorar positivamente todo o exposto ata o de agora:

VALORO POSTIVAMENTE:Coñecer as Políticas activas de Emprego,A Estratexia Europea de Emprego 2020,as medidas recollidas na Extratexia Española de Emprego, os modelos que funcionan en Europa e se intentan importar  ó noso País, ex: Alemania - Formación DUAL (inda que como galega ten a súa parte boa de cara a adquisición de experiencia  e formación recoñecida por parte dos xoves, e a súa parte mala porque non deixa de ser man de obra barata para as grandes empresas, inda que  tamén cabe a posibilidade de que as pequenas se asocien por sectores) ,inda que non temos o mesmo tecido industrial polo que ¿Funcionará ou non? , xa se verá ; outro ejemplo:  A implantación do Sistema de Garantía Xuvenil importado dende Finlandia, e que a estes altura da película nin se contrataron os técnicos que van tutorizar e atender ós famosos NINIS ,agora término  recoñecido oficialmente e despectivo dende o meu punto de vista, e nin que decir ten xa o interese que ten España en que funcionen os Programas dirixidos ós xóvenes, http://economia.elpais.com/economia/2014/09/21/actualidad/1411292834_119595.html
no que España por suposto non tiñan a nadie para enviar a Finlandia para ver de maneira práctica como funciona alí ,xa que están acadando o éxito con esta fórmula e non fora ser que de deran conta de maneira presencial que o sistema Finlandés de Educación Regrada non ten nada que ver co noso xa que se implantan desde as garderías, e non como en España resumido no dito popular  de “ desde de la cuna se nace no se hace” 

VALORO POSITIVAMENTE A transmisión práctica do funcionamento da WEB do SPEG, SEPE, das diferentes CONSELLERIAS, e outros organismos tanto por parte dos Orientadores como por parte de adquirir coñecementos e manexar os recursos existentes por parte dos usuarios, do que lle fago unha demostración práctica adaptada  ós diferentes perfís e situación do desempregado.
VALORO POSITIVAMENTE  o coñecemento do mercado de traballo actual,a oferta e a demanda de traballo, o comportamento das ocupacións(as que nacen, desaparecen….), os novos xacementos de emprego , o análisis dos diferentes indicadores do mercado de traballo coas diversas publicacións INE, IGE, Obervatorio Ocupacional, ……..co único obxetivo de mellorar o nivel de empregabilidade .

VALORO POSITIVAMENTE  o camiño iniciado fai uns  anos para que as persoas poidan acreditar o seu coñecemento e bo facer na súa ocupación .
O poder transmitir día a día ós usuarios as vías de acceso e os mecanismos que a maioría descoñecen para a obtención das Competencias Clave e os Certificados Profesionais.
Agradezco a existencia do CNCP e a existencia do Instituto Galego das Cualificacións onde hai xente que comunica, transmite e aporta solucións prácticas , xa que neste tema somos mais ben todos novatos e non é fácil inda que na sesión presencial do curso si apreciei que foi unha exposición magistral de todo o que engloba a formación que non é pouco.

VALORO POSITIVAMENTE  poder transmitir ós usuarios a información respecto das Políticas Sociais e de Emprego da UE xa que coñecía pouco mais que a rede EURES , é existe un libro aberto de moi diversos programs,axudas,becas….   Co obxetivo de mellorar a formación académica e profesional.

VALORO POSITIVAMENTE a amplia exposición sobre a iniciativa emprendedora como forma de acceso ó mercado laboral, porque sei que comprende un amplio mundo con moitos conceptos e moitas variables relacionadas coa cultura emprendedora e non chegaría todo o curso para manexar correctamente o tema, xa que traballei de Técnica de Emprego durante varios anos acompañando na xestación e nacemento de empresas de diferentes actividades económicas; polo que non é tan fácil e non estou para nada dacordo coa campaña que se está a facer  por parte das Administracións Públicas como saída profesional  nun momento de crise como o actual ó emprego por conta propia.
As ideas hai que maduralas, “a froita non se colle de verde, cóllese de madura”,hai  que facer un  tecido empresarial consistente ,e non  que o mínimo soplo de vento e saraiba se desfaga, a cultura emprendedora comeza por transmitirse na Casa e na Escola, iso é o que hai que facer para crecer a Economía dun País e non esas famosas Tarifas Planas de 50 euros de cota á Seguridade Social.
                                                                                                                                            
E por último VALORO  MOI POSITIVAMENTE os “velatorios”,! Perdón  confusión! Relatorios  de D. Carlos Parada  sobre a adquisición das competencias dixitais e todo o referente á Web 2.0 para a orientación laboral , os traballos individuáis e grupais que nos fan estar activos as 24 horas.

Si ó final cando chegue novembro vamos botar de menos estar alerta, xa que vai haber ferramentas que fagan o traballo diario de rastrexo por min .

Polo tanto VALORO  positivamente a clara exposición dos contidos, as fontes de referencia, os recursos externos, a aportación de recursos propios tanto nos traballos grupais, como nos individuáis, a colaboración cos compañeiros, ….... A ADQUISICIÓN DE NOVAS COMPETENCIAS  á medida que avanza o curso, inda que VALORO NEGATIVAMENTE a falta de tempo para por en práctica todo, e xa non quero pensar daquí a novembro con todo o que imos aprender inda .


Avelina Dios Romay