domingo, 26 de outubro de 2014

MARCO PERSOAL DA ORIENTACIÓN LABORAL – REFLEXIÓN INDIVIDUAL MÓDULO 2.


 
As novas competencias dixitais.

Chegados a estas alturas do curso, metémonos de cheo no ámbito da orientación laboral, con todas as súas vertentes e as súas complexidades: comunicación, ferramentas dixitais, competencias sociais,... e todo o especificamente relacionado co traballo de orientación laboral. Un mundo!

Quizais empezamos algo desconcertados: de repente, un aluvión de novas ferramentas tecnolóxicas e o primeiro que se nos pasa pola cabeza é: “pero, vou utilizar eu todo iso para facer orientación laboral?”. Pois, como coa maioría das cousas: non todo e non sempre. Pero o feito de coñecelas danos a oportunidade de ir configurando a nosa  “caixa de ferramentas (dixitais)”, que utilizaremos segundo o que nos vaia facendo falla, as que nos resulten máis cómodas, ou máis operativas, ou máis rentables …

Novos termos: About.me, Feedly, Scoop.it, Curación de contidos, Google +,… e outros que xa nos soaban ou incluso xa usabamos, aínda que non para o noso traballo: Facebook, Linkedin, Twitter, Blogger...Novos enfoques para algúns deles, separar o uso particular do profesional, facer unha utilización coidadosa … a “pegada dixital”.
 
Podemos logo, introducir un novo concepto, segundo se inclúe no propio temario:  

“PLE (Personal Learning Environment, Entorno Persoal de Aprendizaxe polas súas siglas en inglés) pode considerarse como un ecosistema onde conflúen as ferramentas e servizos da Web 2.0 coa súa utilización no aprendizaxe persoal”. Dedúcese pois que o PLE non é soamente un conxunto de ferramentas, se non tamén unha serie de mecanismos e estratexias: de lectura, de reflexión, de relación …

Polo tanto, “todos temos un PLE”: todos recibimos e producimos información no noso ámbito laboral ou de interese. Pero deixámolo aí: é tema doutra entrada neste blog.

Ben, sobrevivimos e adaptámonos. Incluso, xa lle collemos o gusto a algunhas desas ferramentas:
“ Deus!!… e eu sen saber que existía isto!”

Pero, olliño, o bo ou menos bo das ferramentas de comunicación dixitais, depende en grande medida do seu uso. Correcto ou incorrecto. Axeitado ou non axeitado. E aí é onde aparecen os conceptos de “identidade dixital” e de “reputación dixital”.

A “identidade dixital” é a nosa presenza na rede. Polo tanto, estará baixo o noso control só en parte: non a construímos só nos mesmos, se non tamén as interaccións dos demais con nos. E iso, cómo nos afecta?

A identidade dixital, pode ser un instrumento valioso para a nosa actividade profesional,  para promocionarnos, para facer chegar o noso perfil profesional, o noso traballo, a moita máis xente, facer contactos, relacións…”networking” (outro novo concepto). Pero esixe metodoloxía, disciplina, ser moi coidadosos, selectivos, ter presentes determinados hábitos de “boas prácticas”.

En fin, xa temos novos mecanismos, ferramentas; e agora, non perdamos de vista as competencias “ de sempre”.

As competencias comunicativas e a orientación laboral.
 
Neste punto, despois da “avalancha” de novos termos, chegou Fernando Aguilar. E veu a removernos cos seus contos, historias con mensaxe. Non afondarei nas súas ponencias xa que foron obxecto da entrada grupal anterior do noso blog.

A min particularmente, gustoume, en liñas xerais. Un bo comunicador falando de comunicación, a través da secuencia: Concepto -> conto -> reflexión.

A comunicación e as habilidades sociais constitúen un soporte fundamental do traballo de orientación laboral, dende todos os seus ámbitos: escoita activa, asertividade, empatía, retroalimentación, comunicación verbal e non verbal…

Son capacidades que debe traballar constantamente o orientador laboral. No seu traballo a comunicación ocupa a maior parte do tempo, interactúa con persoas de moi distintos perfís, con situacións persoais moi diferentes, laborais, económicas, familiares, etc.

A orientación laboral é un proceso. Hai etapas e situacións diferentes que producen situacións comunicativas diferentes. Polo tanto, esixe planificación. Hai que preparar a entrevista de orientación en función da persoa e do momento no que se atopa o proceso. Debemos axustar as diferentes variables do proceso de comunicación: o ton que imos utilizar, qué obxectivo perseguimos nesa situación de comunicación, qué argumentos imos utilizar…

Hai 4 fases que de forma xeral danse nunha entrevista ou nun proceso de comunicación: Planificar, Facer, Controlar e Corrixir.

Dende o meu punto de vista, son fundamentais, pola propia esencia do traballo do orientador laboral, a escoita activa e a empatía, como dúas das competencias comunicativas máis importantes a desenvolver.

A escoita activa, para que o noso interlocutor se saiba escoitado, animarlle a falar, reforzar, mirarlle mentres falamos... procurar sempre que se sinta cómodo.

E a empatía: debe sentir que o entendemos, saber poñernos na súa situación.

Comunicamos constantemente: falando, cos xestos, coa mirada, coa actitude. E tamén somos receptores: debemos estar sempre atentos ás sinais dos demais e da contorna.

Sempre pendentes, sempre coidadosos: unha mala comunicación ou unha mala interpretación pode dar lugar a unha situación non desexable.

 
A comunicación dixital

E todo se relaciona. A comunicación tamén é fundamental no ámbito dixital, en Internet, nas redes sociais. Moitas veces coas súas propias normas, en función da ferramenta, da canle utilizada, etc.

Temos que adaptar á nosa forma de comunicar en función do medio, do público obxectivo, por exemplo: os 140 caracteres en Twitter, as etiquetas, o uso estritamente profesional (Linkedin), o uso “mixto” (Blogs), o grupo de referencia (grupos temáticos).

En certo sentido, a evolución/revolución das redes sociais e de Internet, está a facer que as formas de comunicar se adapten a eses novos usos.


Polo tanto, debemos adaptarnos constantemente: ó interlocutor, á canle utilizada, ó tipo de mensaxe a transmitir, á tecnoloxía a empregar, á situación comunicativa. Así definiría o sentir desta entrada: ADAPTACIÓN E FLEXIBILIDADE.

Pablo Bello. 

 

mércores, 22 de outubro de 2014

Desenvolvemento de competencias comunicativas. Reflexión grupal.


REFLEXIÓN GRUPAL SOBRE A PONENCIA “DESENVOLVEMENTO DE COMPETENCIAS COMUNICATIVAS”, DA SESIÓN DO 10/10/14 POR FERNANDO AGUILAR-GALINDO


Partimos de que a comunicación é unha habilidade e comenzamos con Fernando Aguilar dicíndonos algo que aínda que xa sabemos non sempre o temos en conta: As verbas non as leva o vento,Claro que non!

A importancia da educación a hora de pedir, agradecer, desculparse etc, aínda que nos parece incrible non o fai todo o mundo nin ensinamos ós nosos nenos a facelo. Que gran erro!!!! Como de importante é a educación e como se degradou ano tras ano.





Fernando Aguilar: “despertando conciencias”.

“Hai que implicarse non so comprometerse”







Reflexionar sobre a proactividade e a reactividade, aquel “non podo” fronte o “eu si podo”: qué dúas maneiras tan distintas de ve-la vida e como nos pode axudar unha e destruir á outra, porque si algo queda claro é que hai situacións que nos toca vivir e partindo de aí seguimos loitando, reinventándonos...


Proactividade: “sempre se pode facer algo”; reactividade: “Os demais son os que poden facer algo”.

Outro tema tratado do mais interesante foi o da linguaxe non verbal: aquela que expresamos con xestos e que, ás veces, incluso nin somos conscientes de que o estamos facendo; aquela que di tanto de nos, incluso da nosa forma de entende-la vida, aquela que di quen realmente somos e como podemos actuar ante certas circunstancias, aquela que nos condiciona tamén, que nos limita en certo modo, que nos define e que tan difícil é de traballar.




Si buscamos nas redes sociais podemos topar unha morea de videos que nos din que temos que facer e que debemos evitar en canto a xestos corporais e a comunicación en sí, grandes comunicadoras como Elsa Punset ou Teresda Baró experta en Comunicación Persoal co seu libro "La Gran Guía del Lenguaje no Verbal"publicado recentemente e moi recomendable.




Como debemos comunicarnos (comunicación interpersoal) e sobre todo como debemos asegurarnos de que a nosa mensaxe chegou a seu destino: a retroalimentación, o feedback. Non cabe dúbida de que moitas das mensaxes non chegan ó seu obxectivo ou non chegan como foron enviadas, non hai por tanto unha comunicación se non unha mensaxe enviada que queda, nos mellores dos casos, perdida; porque moitas veces o problema da comunicación no son só os condicionantes externos, ou de idade, sexo etc. É simplemente que a persoa coa que falamos non nos está escoitando.




Crear un ambiente cálido, usar unha linguaxe axeitada que estea ó nivel do receptor apartándonos na medida do posible dos tecnicismos, potenciará sen dúbida a comunicación.
A escoita compresiva, a asertividade, en definitiva, falar con franqueza, humildade, é moito do que podemos facer para que a mensaxe se comprenda sen facer dano.
Saber preguntar para chegar ó fondo realmente do que necesitamos saber, para que o receptor se abra en non nos conteste de maneira pechada.
…..E como receptor, sobre todo, saber escoitar: que razón aquelo de “sabe mais o que mais escoita”

Outra das habilidades comunicativas, parte importante da intelixencia emocional, é a introspección, o autocoñecemento, saber quen somos, que queremos, que temos, que desexamos, que valoramos; en definitiva, saber onde estamos e hacia onde queremos ir: “non se pode chegar si non se sabe hacia onde se vai”. Iso implica coñecer a realidade (ser realista) e tratar de cambiala (ser optimista).






Si algo nos deixa claro Fernando Aguilar, é o paso do tempo: hai que priorizar o realmente importante, porque todo o demais sempre vai ter cabida. Vimos aquí a ser felices, non poderíamos estar mais de acordo con el.

Coñecer polo tanto as nosas fortalezas e traballar as nosas debilidades, ser conscientes de que a imaxe que temos de nos e a que teñen os demais non vai coincidir, quizais porque non nos coñecemos ben, porque é difícil admitir os nos defectos i é mais fácil resaltar as nosas virtudes e quizais tamén porque os demais tampouco nos coñecen ben.
Coñecer os nosos medos e enfrontalos, non deixar de facer nunca nada por medo. Que difícil!!!
Estudar esa área descoñecida onde nos di Fernando que se encontran moitos dos nosos potenciais...

Fernando, como se entra en esa área descoñecida?????



Pero, ¿Onde comeza todo? ¿como se van definindo nas persoas as súas competencias comunicativas, esas fortalezas e debilidades, esas habilidades?

Comezamos a nosa historia “comunicativa” dende nenos, na contorna familiar, cos amigos...e por suposto na escola. Como se comentou, temos unhas habilidades comunicativas e sociais innatas e outras que se poden aprender. E aí empezan os problemas: aprendemos en moitos ámbitos, pero a escola, o ámbito educativo é un eido fundamental.

E, ó igual que noutras disciplinas históricamente marxinadas ou directamente ignoradas, o sistema educativo non traballa, ou polo menos non como debera, o ámbito das competencias comunicativas e as habilidades sociais. E iso debera ser fundamental dende ben pequeniños ¿ou non?: inculcar valores, comportamentos, socialización...educar “Persoas”.


Nun mundo acelerado, no cal o que importa é o seguinte obxectivo, alcanzalo o antes posible, e despois a polo seguinte….e así sucesivamente, o habitual e que perdamos a perspectiva do realmente fundamental: que queremos? que valoramos? ou non debera ser que o fundamental sexa ser “felices”? ¿non deberíamos parar a disfrutar dos momentos que nos gustan; buscar eses pequenos ocos que poden existir cada día?....



Pois si hai unha competencia importante para non perder de vista ese obxectivo, esa é o “optimismo”. Un plantexamento optimista ante a vida, fai que sexamos máis capaces, que poidamos facer cousas sen deixar que as circunstancias nos condicionen.

“Debemos inocular optimismo á realidade” (Fernando Aguilar): abrir posibilidades. Si non creemos que algo vaia saír ben, dende logo no sairá ben.

Como contou Fernando Aguilar: si non es optimista, esquécete de chegar a ser astronauta: como vai a NASA a mandar a Marte a alguén que pensa que non van chegar nunca?




Hai competencias sociais que podemos e debemos traballar e potenciar: comunicación, escoita, empatía, adaptabilidade, flexibilidade. Estas dúas últimas cobran especial importancia nun mundo cambiante, a alta velocidade. Debemos estar predispostos ó cambio, a saír da nosa “Zona de confort” (novo concepto), a adaptarnos ó novo...cóstanos deixala, dar o paso...pero cando saímos, e nos “readaptamos”, sentimos esa satisfacción do logro acadado…non paga a pena arriscarse?



Outra competencia social que podemos traballar é a asertividade. E, en particular, a asertividade fronte a agresividade: a asertividade “constrúe” e a agresividade “destrúe”.

Tamén podemos falar da vocación, é dicir, ter un propósito, saber a onde queremos dirixirnos. Moi importante, nestes últimos tempos tan complexos, de crise, de incerteza, e en moitos casos, pesimismo...ter algo polo que loitar, algo que realmente faga que nos poñamos en marcha.


Volvendo ós enfoques positivos, unha técnica proveitosa na comunicación é a “reformulación positiva”, darlle unha volta á forma de presentar os problemas; ou serán oportunidades…? Moitas cuestións (propias ou dos nosos interlocutores) pódense reformular, presentalas dende outro prisma, buscarlles “a parte boa”...a fin de contas, trátase dunha actitude, dunha predisposición vital.


Xa, xa...non sempre é posible. Non somos máquinas. Non sempre estamos nas condicións adecuadas, nin temos a forza necesaria ante os problemas, pero….e si o intentamos?



E, en certa medida relacionado coa reformulación positiva, na comunicación teñen un papel primordial as preguntas, saber preguntar, ós máis, á nos mesmos. Saber autopreguntarnos pode axudarnos a entender situacións, a resolver cuestións, dúbidas.

As preguntas abertas, na comunicación, poden darnos moita máis información que as preguntas pechadas.



Outro concepto xa comentado anteriormente: o feedback, a retroalimentación: intercambio de mensaxes, de información. Sírvenos tamén para confirmar que realmente existe comunicación, é dicir, que a información discorre en dous sentidos: emitimos e recibimos.


O feedback é un elemento importante para verificar que a comunicación é eficaz, que é recibida e comprendida.




Na nosa tarefa de orientadores, este é un elemento fundamental estreitamente vinculado á escoita activa (outro elemento máis da comunicación): debemos saber comunicar, informar, saber escoitar, saber preguntar e saber responder.




¡Todo iso! ¡E “só” falando de comunicación…!

Esta pequena pero intensa e comprimida reflexión sobre os distintos conceptos que abarca a comunicación, pretende que nos fagamos unha idea do que pode influír nas nosas vidas, e o importante que é desenvolver as nosas competencias comunicativas, tanto na nosa vida persoal coma na nosa labor profesional.

Debemos traballar as competencias sociais, a comunicación, dende nenos; debemos ser conscientes de que podemos (e debemos) facelo. Non somos como nacemos, ímonos “facendo”. É importante. Para nós e para os demais.








Webgrafía 

Asertividad ¿Sabes lo que es? (video)
"La cadena de la empatía" (video)
Elsa Punset, "Consejos para usar el lenguaje no verbal"
Teresa Baró Experta en Comunicación Persoal http://www.teresabaro.com/





GRUPO INNOVA.

luns, 13 de outubro de 2014

A Web 2.0 para a Orientación Laboral. Reflexión grupal.

 

 

Dende o inicio do curso fómonos metendo de cheo nun mundo virtual que non deixa de ser virtual, e que o que máis nos soaba era o de “competencias dixitais” nalgúns casos; neste caso imos facer una valoración de “A Web 2.0 para a Orientación Laboral” levada a cabo o 20 de setembro de xeito presencial.




 

Algo xa coñecíamos, os mails, algo de  Google+, o Facebook, oíamos falar de Twitter que sobre todo o usaban os máis novos e o Whatsapp…, sabíamos que había algo máis pero non todo o que estamos descubrindo. 
  
O primeiro do relatorio xa foron os famosos “chíos”, que daquel paxariño,…a biodiversidade… mundial, real, pero tamén virtual de que podemos seguir, ver e comentar moitas cousas aplicadas ao terreo profesional.

As novas “palabras”, lembrádevos do noso  hashtag   #Orientacióng e non debeu de quedar claro cando fai días, aínda nolo repetía...




 
SITUACIÓN:

Comezou expoñendo Carlos  a situación na que nos atopamos, o mundo no que nos movemos, e como comercial, que tiñamos que crear:

1º.- “Un perfil de talento” - que tiñamos que amosar o noso talento, a nosa traxectoria, e as nosas expectativas dun modo innovador; que unha imaxe vale máis que mil palabras e nos larga de cheo un exemplo dunha  gravación dun Videocurrículum…(Yovijob, ferramenta para videocurrículum) -pero si fai días non queríamos nin subir a foto…-, faite visible, marca a diferencia…e a continuación:

2º.-  Únete a grupos, agrégate a comunidades, date a coñecer…pero si as únicas que coñezo son as comunidades de edificios e non quero que me coñezan,  e ademais cada vez que vamos ás reunións só hai pagos... Polo visto, nas comunidades virtuais obtés beneficios…

3º.- Apps móbiles - coñecer todo o que hai dispoñible dende o móbil, para non deixar escapar oportunidades de emprego: pero si é o móbil o que me persegue, se me indica onde estou a cada momento, e me pregunta continuamente ¿Vive usted en…? ¿Trabaja usted en…?; este verán ata me dicía: “de la playa a su casa le lleva siete minutos”.

4º.- Información oficial - manexar portais oficiais do SPEG, SEPE…..en algo estamos dacordo.

5º.- Información experta - un montón de manuais e blogs, con consellos para todo o mundo e obter un gran éxito: todo o mundo sabemos dar consellos o problema é aplicalos a un mesmo.

Polo tanto, os ORIENTADORES/AS, que temos  que saber “de todo”, debemos poñer orde e manexar novas canles de busca, medios e soportes, medios de relación profesional, novos comportamentos, novos medios de relación profesional, novas ocupacións de perfís e novos recursos na Rede. Pero si todo é novo!. Algúns estarían encantados de estar continuamente con todo novo, indo á moda: ”Tés todo novo para estrear neste outono no Corte Inglés!”.

Ó mesmo tempo de manexar todo, porque somos moi controladores, temos que preocuparnos de desenvolver a nosa propia competencia dixital, elaborar o noso propio blog, crear e construír relacións interprofesionais, explorar a nosa contorna laboral, aprender constantemente e difundir información e transmitir como experiencia: “Está claro polo que estamos aquí”, pero tamén temos que ter chaves, case mestras (porque temos que ter competencias de todo tipo). Porque imos crear artefactos dixitais. “Todo un arte o de ser Orientador!”.

COMPETENCIAS: Emocionais, Relacionais, Aprender a aprender (encántanos),  Xestionar as tarefas e Dominio  das TIC.

  





Estas TIC (Competencias dixitais) son as que nos traen de cabeza a todos:    creación, información, comunicación interpersoal e social, cultura dixital. A actuación responsable nos contornos dixitais, e ¡como non!: coñecemento e dominio das novas tecnoloxías para poder aplicar e adaptarnos a tódalas posibilidades.






Témolo claro, Internet move o mundo,  temos indicadores TIC de todo tipo que nos darán a situación de España no mundo, os niveis por fogares…(en España: Eurobarómetro, ONTSI, Fundación Telefónica, Internet World Stats; incluso a nivel autonómico: OSIMGA e Axenda Dixital de Galicia).



E chegamos ó gran descubrimento do século no 1990: o famoso concepto  http:// evolucionando ata 2004 co acuñamento da nova xeración, a Web 2.0 (hai quen xa fala de 3.0), cuns beneficios claros:



A web como plataforma, o  aproveitamento da intelixencia colectiva, o sistema "Intel inside", o fin do ciclo das actualizacións de software, modelos de programación lixeiros e as experiencias enriquecedoras do usuario (en Orientación Laboral, si se sabe escoitar podemos aprender moito dos demandantes).


E agora, despois de tanta palla, analizaremos os espazos e ferramentas da Web 2.0 que cremos que teñen unha grande aplicación práctica na orientación tanto a nivel persoal como para transmitir os nosos usuarios: Lectores RSS (Nova palabra: Infoxicación -ter moita  información-), Marcadores Sociais (Folksonomia -etiquetar-) e o que máis nos trae de cabeza neste curso: As Redes Sociais,  que nos permiten  unha conversa directa e un intercambio continuo e actualizado de valiosa información para difundir, como Facebook, Pinterest, Linkedin… , isto medra mais rápido que a escuma (Redes Sociais en España 2012).

Ademáis doutras ferramentas para construción de contidos (Wordpress é o mellor editor de blogs), entre outras e outros para o traballo colaborativo en liña (Drive) , ou o almacenamento na nube (Dropbox, Slideshare), creación gráfica (Canva, Picktochart…) e a palabra nova de "curación" de contidos (Storify, Scoopt it…)




En conclusión, debemos intentar utilizar todas estas novas ferramentas para o emprego, transmitir unha nova “mentalidade” (adoptar unha nova postura activa), nova “filosofía” (a “rede” supón un valor clave), e usar esas novas “ferramentas”  que nos axudan a diferenciarnos  a través de, por exemplo: infografías, cartóns de visita dixitais..., saber cómo funcionan as novas aplicacións nas entrevistas de traballo (Skype), ou Vídeo-Currículum.



Aplicar tódalas ferramentas posibles para crear unha Identidade Dixital, Virtual (ata o de agora so coñecíamos o carné de identidade de toda a vida) que proxecta en internet a traxectoria persoal e profesional dunha persoa, e que debemos intentar coidar ó máximo posible  porque hai partes da nosa identidade virtual que  se crea con ou sen a nosa participación e que non podemos controlar; así que coidade a identidade dixital, na Rede todo deixa pegada, aínda que agora a reputación on-line pode suprimirse (Sentencia do Tribunal da UE "Dereito ó olvido en Internet"); iso é como o dito de “Todo se sabe “ e na rede “Lo que se  hace en las Vegas, no se queda en Las Vegas”, polo tanto OS ORIENTADORES TEMOS QUE SABER DE TODO E MÁIS, E SE VOS FIXASTES AO LONGO DO ARTIGO, TODO É NOVO, NOVA, NOVOS, NOVAS… HAI QUE APRENDER  A APRENDER PARA DESPOIS SABER DIFUNDIR E COMPARTIR.




Aquí podedes visualizar o noso storify da sesión:







Grupo INNOVA
 

venres, 10 de outubro de 2014

REFLEXIÓN INDIVIDUAL MÓDULO 1


Reflexión persoal sobre o Marco Conceptual da orientación laboral

 

                  

O longo deste primeiro módulo tratamos diversos aspectos esenciais para a figura do orientador laboral. Especificamente dentro deste módulo abordouse   cinco temas: 


  


En canto a miña reflexión persoal destaco o seguinte:

Do Tema 1 destaco a importancia da contextualización  das políticas de emprego (tanto a nivel estatal, europeo e autonómico) como tamén a organización, estructura e competencias do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) e do Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG).

A nivel persoal este tema me aportou coñecementos en canto como pode axudar o SPEG ás persoas usuarias, en saber cal é o enfoque da demanda de emprego, como tamén en que consite as Políticas Activas de Emprego.




Do tema 2 dedicouse ó concepto que engloba o mercado de traballo, así como os elementos que a compoñen (oferta e demanda), indicadores (EPA),instrumentos e ferramentas para o seu estudo.
  
As causas, efectos e clases do paro como a explicación de como está o mercado de traballo actual (comportamentos das ocupacións, os novos xacementos de emprego, perfiles profesionais da oferta de emprego, etc) me serviu para comprender a situación do mercado laboral que estamos a vivir actualmente.


Do tema 3 tratamos a estructura da Formación Profesional, os certificados de profesionalidade, as cualificacións e competencias . Desta última recordo moi ben a preguntiña que saiu no exame e me quedou ben gravada:



Recoñezo que este tema non foi o que máis me entusiasmou, pero son consciente que saber que é unha cualificación profesional,ou ter coñecemento de como funciona o certificado de profesionalidade, por exemplo, son aspectos a coñecer por un orientador laboral.  Tamén recoñezo que o apartado de acreditación laboral pola vía da expereiencia me pareceu bastante práctico, xa que hoxe en día moita xente pode elexir esta vía para ampliar competencias.



Do tema 4 se tratou a política social e de emprego na Unión Europea. Un dos temas máis interesantes deste módulo, dende o meu parecer, porque ofrece un gran curtido de posibilidades a todas aquelas persoas que deciden realizar movilidade europea. Como tamén os puntos de información que poden optar estas persoas sobre calquera aspectos que lles interese sobre a Unión Europea.



Por último, do tema 5 destaco a iniciativa emprendedora como forma de acceso ó mercado laboral e o plan de empresa.  Sen embargo, na actualidade non hai moita iniciativa emprendedora, debido a ese sentimento de medo que se viu contaxiado  pola crise. É dicir, non aumenta o número de creación de empresas cando na actualidade  cerran constantemente por que non se poden sustentar.





xoves, 9 de outubro de 2014

Reflexión sobre o marco conceptual - módulo 1


UN PERCORRIDO POLO MARCO CONCEPTUAL DA ORIENTACIÓN LABORAL DO MÓDULO 1






Dentro do tema 1:

A organización, estrutura e competencias do SEPE e do SPEG, unha importante visión dos dous organismos competentes en materia de emprego un en políticas pasivas e o outro nas activas.



- “A política de emprego é o conxunto de actuacións que toman os poderes públicos co obxectivo de alcanzar o pleno emprego ou, cando menos, corrixir os principais desequilibrios do mercado de traballo.”Cando falamos de políticas de emprego estamos a falar de políticas activas e pasivas.

No actual estado de crise, as políticas pasivas cobran un incremento a nivel nacional nunca antes visto na historia da democracia, sería interesante volver a unha unión institucional dentro das competencias a nivel nacional e de comunidades autónomas é necesario sumar esforzos e máxima cooperación evitando no posible a duplicidade de servizos o cidadán.

O marco actual das políticas activas en España.Existe un amplo marco institucional neste ámbito desde o Consello Europeo de Luxemburgo, Consello Europeo de Lisboa, Lei 56/2003, Real Decreto 1542/2011 ( aproba a Estratexia Española de Emprego 2012/2014.) Programa Nacional de Reformas.

Reformas das políticas activas de emprego en España: Lei 35/2010, Real Decreto Lei 1/2011, RDL 3/2011, RDL 3/2012.

Por outra banda, vimos a Estratexia Española de Emprego 2012/214: obxectivos,ámbito e financiamento. O Plan Anual de Reformas de España 2014 ten como obxectivo afondar nas reformas e favorecer a recuperación económica máis a creación de emprego, medidas a adoitar: promover o contrato a tempo parcial, flexibilidade na xestión do tempo de traballo,fomentar o contrato indefinido, coa redución das cotizacións a Seguridade Social, entre outras medidas.

Vimos as medidas que se adoitan para loitar contra o desemprego e as consecuencias sociais da crise:

Estratexia española de Activación para o emprego 2014/2016, a implantación do Plan Nacional de Garantía Xuvenil, financiado por fondos comunitarios.

Fixemos especial fincapé nas políticas activas de emprego, no desemprego xuvenil, na Educación e Formación Dual, o apoio o emprendemento, medidas fiscais, medidas a impulsar o financiamento, a internacionalización. Dentro do Plan Estratéxico de internacionalización da economía española 2014/2015 o cal pretende mellorar a capacidade e a propensión exportadora, diversificar os mercados de destino, incrementar e atraer investimentos de fora, entre outros obxectivos, importantísimo, na miña opinión, crease a Xanela Global do ICEX, instrumento novo on line para facilitar as demandas das empresas e institucións a todos os instrumentos da administración Xeral do Estado relacionados coa internacionalización.

Considero o punto máis interesante do tema posto que quizais a clave do saneamento da economía nacional, desde o meu punto de vista, este na mellora da internacionalización do noso sistema empresarial e o fomento para a necesidade de mellorar este aspecto no noso tecido empresarial. Para aqueles que aínda non se lanzaron e poderían ser grandes empresas en potencia. Os nosos empresarios temen a internacionalización quizais debido a falta de formación adecuada no ámbito directivo, pode que o medo de non ser capaces de dirixir unha gran empresa con todos os inconvenientes que lles traería, pesa moito na toma de iniciativas cara á internacionalización.

Temos a dificultade para a ampliación das empresas por exemplo en todas as trabas burocráticas que aínda dificultan o desenvolvemento do sector industrial, implica a ter uns recursos tanto humanos como en espazo máis amplos que non todos poderían afrontar sen as correspondentes axudas. Estanse a facer cousas moi interesantes e novidosas pero aínda queda moito, como a falta de especialistas na materia.

Debe ser un feito reducir as cargas e a simplificación administrativa.

A Política de Emprego en Europa, a destacar está A Estratexia Europea de Emprego 2020: prioridades, obxectivos e financiamento.



Tema 2:


O mercado de traballo, os indicadores do mercado de traballo, o desemprego, o mercado de traballo actual, as ocupacións, instrumentos e ferramentas para o estudo de mercado, cómo e onde traballar.

Aprendemos importantes conceptos sobre o mercado de traballo, o seu equilibrio, as diferenzas entre a corrente clásica e os keynesianos.

Teño que dicir que non estou de acordo coa corrente clásica a rixidez dos salarios non son a causa do paro. Esta teoría mostrase pouco crible a día de hoxe, fai falta novas achegas a economía e inclúe novas ideas e novos pensamentos, vimos que as causas do paro van máis alá de esta teoría.

En canto as axudas e subvencións a contratación e á creación de emprego, paréceme converter o mercado de traballo nun mercado lucrativo do emprego. Merece a pena valorar hasta qué punto foron eficaces este tipo de bonificacións e si non se rompeu a igualdade de oportunidades no acceso o emprego.

“O dereito o traballo é o dereito fundamental humano polo que toda persoa ten dereito, a libre elección do mesmo, a condicións iguais e satisfactorias do traballo, a protección contra o desemprego, sen discriminación, con igualdade salarial, remuneración digna, protección social e dereito de sindicación.” artigo 23 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.


No tema 3:


Vimos a certificación e cualificación profesional diferenzas entre o concepto; cualificación profesional e competencia profesional. O Catalogo Nacional de Cualificacións Profesionais. O Marco Europeo das cualificacións, o EQF (European Qualifications Framework) vimos que é o marco de referencia para os diferentes países en canto os certificados de cualificacións. En Galicia temos de referente o Instituto Galego das Cualificacións, instrumento fundamental e indispensable no traballo dun técnico de emprego., este a súa vez conta cun observatorio cunha base de datos para promover a cooperación do resto de observatorios territoriais e proporcionar información sobre a evolución da oferta e demanda..O instrumento de acreditación oficial das cualificacións profesionais do CNCP son os certificados de profesionalidade. Referente que certifica a experiencia, a formación profesional para o emprego e a formación profesional inicial.

Indispensables os links facilitados polos titores neste tema os cales é necesario coñecer e fundamental saber manexar, saber extraer un informe por exemplo, ca información que nos achegan. Quédome sen dúbida algunha con este apartado, o da bibliografía. Na miña experiencia como orientadora laboral, fóronme ferramentas moi útiles.


No tema 4:


A política social e de emprego da Unión Europea. Os obxectivos de esta política son o crecemento do emprego, a calidade do mesmo, as condicións de traballo, a mobilidade (referencia a libre circulación dos traballadores), información e consulta os traballadores, a loita contra a pobreza e a exclusión social, a igualdade de xénero e a modernización dos sistemas de protección social.

A Estratexia Europa 2020 sostén un crecemento intelixente, sostible e inclusivo (novas capacidades para novos empregos).

O FEAG e o FSE e as súas diferenzas o primeiro proporciona axudas individuais e de duración limitada os traballadores que perderon o emprego, non financia medidas pasivas de protección social. O segundo adopta unha postura máis estratéxica a longo prazo, aposta polo aprendizaxe permanente.

Como reflexión desde o punto de vista social creo que a segmentación dos mercados de traballo europeos fan que unha parte importante da poboación ocupada esté en condicións precarias ben pola temporalidade do contrato, pola súa parcialidade ou pola baixa remuneración do traballo. Trátase de colectivos atrapados na sucesión de empregos a corto prazo e de calidade mediocre, unha parte importante do emprego adoece de potencial de integración que unido a factores socio-demográficos e institucionais aumentan o risco de exclusión social.


Respecto do tema 5:


A iniciativa emprendedora como forma de acceso o mercado laboral puidemos estudar o emprendemento cos seus beneficios e as súas inconveniencias, cáles son os elementos esenciais para crear unha empresa e por último e sumamente importante no máis amplo sentido da orientación o contido dun plan de empresa.

Segundo o informe do Libro Blanco del Emprendedor, a pregunta de por qué en España non se emprende --“Los principales condicionantes a la hora de tomar la decisión de no emprender en España son el miedo al fracaso y la aversión al riesgo” sumaría a mala imaxe que se ten do autoempleo. O estudo compara a poboación dos Estados Unidos e da un dato que o resume todo, en España asumiría o risco un 12% fronte a un 39% en USA. Importante fomentar o emprendemento pero desde a formación no sistema educativo e interacción dos alumnos con emprendedores locais. Aprender a ser emprendedores.

É necesario o financiamento novas fontes de financiamento o chamado “business angels” ou inversores próximos, un individuo próspero que prové de capital para un start-up, usualmente a cambio de participación accionaría, startup, fai referencia a ideas de negocios que están empezando ou están en construción, é dicir, son empresas emerxentes apoiadas en tecnoloxía. Son ideas que innovan ó mercado. O negocio dos business angels, é apostar por pequenas inversións en varias compañías start-up, manifestando que existe unha probabilidade moi alta de que algúns dos negocios se desmarque do resto e poida desenvolverse con éxito.

Nesta tarefa, non pretendo facer un resumo do temario, senón facer un percorrido por los temas e subliñar aqueles puntos que máis me chamaron a atención pola súa importancia ou pola repercusión que están a ter nestes momentos de crise económica e de desemprego.








mércores, 8 de outubro de 2014

Marco conceptual

MARCO CONCEPTUAL

REFLEXIÓN

Na miña desesperación por entender como funciona o mundo laboral de hoxe, decidín facer este curso, aconsellada pola miña orientadora. Estou segura de que o finalizar  poderei  manexar novos conceptos, ferramentas, tendencias etc e de esa maneira  tamén poderei desenvolverme mellor,  coñecer novas maneiras de buscar traballo, novas ferramentas  e novos postos de traballo.

Como para min é todo novo aprendín entre outras cousas como funciona o SEPE e o SPEG que realmente foi proveitoso , os demais conceptos relativos a Europa vinos como máis lonxanos, con relación os anteriores gustaríame que al menos tiveran acceso e compartiran a información  que ambos teñes sobre as personas  inscritas.

Outro tema  realmente interesante foi o que me explicou as causas do paro en España, totalmente novedoso e descoñecido para min. Interesoume moito coñecer e debatir esas duas posturas polas que pasaría a solución do paro, ver os pros e os contras de cada unha e poder así sacar unha conclusión inda que penso que non é un tema para concluir a lixeira e necesitariamos coñecementos moito mais profundos da materia para poder opinar. En principio pareceme mais viable a Keynesiana pero en fin....



Sobre a certificación e formación profesional: teño cousas que decir. Comentábame un amigo, que xa pasou a época do “titulismo e chegou a do saber facer”, paréceme realmente magnífico pero entón pregúntome: por qué desde os Ministerios están empeñados en regalar titulos?, Por qué os AFD teñen tan pouca calidad e son sempre aprobados xerales? Si realmente os queren equiparar os ciclos  deberían ter outra calidade e de esa maneira ganaríanse un prestixio que de esta  non teñen. Por qué a formación bonificada e un fraude? Os cursos teñen un coste minimo de 420 euros que casualmete coincide co mínimo que calquer autónomo ou empresario ten por ter un traballador asalariado. Como formadora que son esto paréceme triste e espeluznante, xa que no nos olvidemos de que estamos usando diñeiro público. Penso que hai que respetar muchísimo cando usamos algo que é de todos.

Eu estou facendo un AFD, porque lóxicamente quero reciclarme pero sinceramente non os vexo con salidas laborales porque non teñen prestixio, tan só é unha maneira  de poder demostrar que realmente estou aproveitando o tempo e indudablemente de aprender.

No me gusta facer críticas cando non son constructivas e desgraciadamente eu non podo aportar nada para mellorar estas deficiencias, tan só estou dando a miña opinión vista do outro lado, botando de menos unha formación de calidade.

A iniciativa emprendeora é moi interesante, sería moito mais viable si se puideran dar as condicions de financiacion e perderamos ese medo o fracaso no que fomos educados tanto desde a escola como desde a propia casa. pero dende logo manexar coñecemento sobre subvencion, estudios de mercado, ferramentas etc é moi valioso.

Do que si estou segura e de que quero coñecer todo canto me sea posible sobre orientación, quero aproveitar este curso que estou facendo con  bastantes sacrificos, teño moitas esperanzas postas en él  para al menos sentirme unha persona capaz de desenvolverme no mundo laboral actual.

Con respecto a Europa , trata de asimilar esa cantidad de información e conceptos que se me esquencen en dous días pero vexo que todo vai enfocado hacia os menores de 30 anos, sobre todo os “NINIS “que realmente no estudiaron porque no quixeron, e mais que víctimas dunha burbuja foron víctimas de unha endeble educación por parde dos propios proxenitores,  fronte os que xa pasamos de esa idade, que estudiamos superando moitas dificultades. Non temos ahora ningún dereito?

Sexa como sexa hai que tirar para adiante  e para eso hai que motivarse, reciclarse e orientarse.


Ahí vos deixo un video (loxicamente sin menospreciar a Emilio Duró que o mais difícil é entendelo) que a min personalmente me axudou nos meus peores momentos, espero  que vosoutros, orientadores  profesionales, tamén  podais axudar a alguén con él.