Amosando publicacións coa etiqueta emprendemento. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta emprendemento. Amosar todas as publicacións

mércores, 29 de outubro de 2014

Reflexión Marco Persoal - Mód.2 (individual)


 Marco Persoal


A orientación laboral xorde desde tempos remotos, pero é no S.XX cando se inicia a labor do orientador, xorde dunha maneira direccional por parte do orientador.

Na actualidade que pretende a orientación é:
  • Promover cambios, favorecer o desenvolvemento competencial.
  • Preparar para a situación de desemprego.
  • Orientar na toma de decisións, entre outras funcións.
Comézase a falar de Orientación 2.0, co uso da Web 2.0, denominada tamén social.
Fálase non de TIC senón de TAC ( Tecnoloxías da aprendizaxe e do coñecemento).

Os profesionais empezamos a utilizar as ferramentas Web 2.0 para realizar o noso traballo, pero falta moita formación aínda neste eido.

A Internet ten enormes beneficios na orientación laboral, entre as recomendacións de algúns expertos está o de coñecer e dominar as ferramentas Web 2.0, crear un blogue propio e explorar no ámbito laboral.

O perfil persoal do orientador laboral terá que cumprir cunha serie de competencias:

  • Habilidades sociais e persoais para comunicarse. coñecemento amplo da xurisprudencia sobre emprego. dominar metodoloxías didácticas.
  •  Traballo cooperativo entre profesionais do mesmo sector.
  •  Dominar técnicas de psicoloxía. ter capacidade de axustar a realidade da persoa usuaria o seu entorno sociolaboral. saber axudalo, sen dirixir a súa traxectoria só colaborando no proceso de toma de decisións.
  • Debe coñecer a oferta de emprego, facer prospeccións de emprego e planificar en base os datos extraidos. 
  • É fundamental estar actualizado, manexar as ferramentas tecnolóxicas. coñecer os elementos básicos de un programa de inserción laboral.
Vimos as claves para fixar un bo proceso de comunicación:
  • Clarificar obxectivos.
  • Acoller (acompañar o contacto visual e reforzalo con expresións positivas), preguntar (non dar nada por suposto)
  • Escoitar activamente, empatizar, reforzar, sintetizar e retroalimentación ou feedback. Moitas e importantes etiquetas.
En resumo debemos contar con:
  • Habilidades sociais
  • Intelixencia emocional ( empatía, asertividade)
  • Reforzamento ( adestrar para que a persoa chegue a un obxectivo e buscar alternativas si é o caso).
  • Traballo en equipo
  • Resolución de conflitos
  • Uso das tecnoloxías, razoable e axeitado.



A Web 2.0 ou web social é unha " denominación de orixe" que se refire a unha segunda xeración na historia de sitios web. O seu denominador común está baseado no modelo dunha comunidade de usuarios.

 Abarca unha importante variedade de redes sociais, blogues, wikis, e servizos multimedia interconectados cuxo propósito é o de intercambiar de forma áxil a información entre os usuarios e a colaboración na produción de contidos.

Trátase pois, de mellorar o entorno de aprendizaxe e poñelos en práctica a través de ferramentas da Web.

Crear contidos ou engadir, reflexionar,organizar e publicar.

Estamos aprendendo a mellorar os usos das TIC para sacar o máximo proveito delas e podelas aplicar a nosa profesión.

Aprendemos unha palabra clave na recollida de información que é a curación de contidos, aprendimos o seu significado.

O orientador laboral debe ser curador de contidos para evitar a infoxicación.






Vimos ferramentas moi prácticas, as cales, o seu uso, fan que sexa unha maneira moi intelixente de traballar, mellorando a produtividade e o esforzo e incrementando o tempo dispoñible para outras tarefas.


O seu uso debe ser transmitido os nosos orientados para que na súa búsquea de emprego ou mellora poidan e deban utilizar de cara o que xa comeza a chamarse traballador so século XXI, " traballador 2.0" e eu sumaría o de emprendedor 2.0

martes, 7 de outubro de 2014

Marco conceptual para a orientación laboral: a teoría


Despois dun mes dando tumbos entre conceptos abstractos, tecnolóxicos, outros máis tanxibles e moitos deles novos, creo que compre parar un chisco para saber si ando perdido ou aínda podo segui-lo fío.

Andamos a establecer as bases, con diferentes liñas de conceptos, algunhas delas sen aparente relación entre si, que  nos axuden a conformar toda a contorna relativa á orientación laboral. É dicir, qué temos que coñecer, buscar, aprender, aplicar...na nosa labor como orientadores, para enfocarnos ó obxectivo que eu creo fundamental: a inserción laboral e a mellora da empregabilidade das persoas que atendemos.

O mercado de traballo non é que estea para moitas festas. E leva así xa uns cantos anos. Estamos a vivir dúas circunstancias paralelas:

- Por un lado, unha crise global de enorme calado económico, financeiro e, por suposto, laboral. Unha crise que está a cambiar os modelos de funcionamento deses mercados, e con consecuencias directas sobre as persoas.

- Por outro lado, vivimos en permanente evolución/revolución tecnolóxica, coas ferramentas informáticas, de redes e comunicacións cambiando por completo as relacións sociais, facéndonos todos máis globais e creándose interdependencias que é imprescindible coñecer e, na medida do posible controlar e aproveitar no noso beneficio.

Xorden novas profesións...e desaparecen outras. Novos modelos de traballo. Novas formas de comunicación. Faise obrigado reciclarse, desaprender e aprender, innovar, intercambiar coñecementos, contactos, servizos...¡Adaptarse!.
Adaptación, flexibilidade e polivalencia, son probablemente 3 das características máis valoradas actualmente nun traballador ou nun candidato.

Vexamos uns exemplos de novas profesións.

Ilustrativo ¿non?

Pero, ¿qué ferramentas temos para levar a cabo ese cambio?. Non se trata dun cambio coxuntural, se non dun cambio estrutural de todo o sistema: económico, educativo, laboral...un cambio a longo prazo e que non está firmemente determinado nas políticas e medidas que se toman ó respecto, condicionado por factores e intereses económicos, políticos, sociais, etc.

No ámbito das políticas de emprego, as directrices globais veñen marcadas pola Unión Europea, e os países membros teñen que axustarse a elas e adaptalas na medida do posible ás súas circunstancias nacionais e mesmo rexionais.
As medidas para a mellora do emprego, a formación dos traballadores e dos desempregados, as políticas sociais, as axudas, subvencións, programas, becas...derivan das medidas que se toman a nivel europeo para o conxunto dos estados membros da Unión.

Cada vez establécense máis programas a medio prazo para tender a uns obxectivos comúns, outorgando máis axudas ou beneficios ós países ou zonas con maiores necesidades. Preténdese a converxencia. Pero iste obxectivo é para o longo, moi longo prazo.
Cando antes citaba as ferramentas, deixei a pregunta no aire: ¿cales necesitamos para acometer cambios? A maior parte delas establécense nas políticas activas de emprego, dun xeito ou outro. No noso caso, e polo que nos toca directamente como orientadores laborais, vimos nestes días dúas un pouco máis en detalle:

- Os certificados de profesionalidade, no ámbito da formación
- O emprendemento, como alternativa de acceso ó mercado laboral.

Neste post, non me vou estender coa explicación detallada sobre en que consisten, non é o meu propósito. Pero si comentar brevemente o meu punto de vista.

Os certificados de profesionalidade asúmense como unha necesidade que ven de longo, de cara a homoxeneizar a acreditación profesional, ben pola vía da experiencia profesional ou ben pola vía da formación. Son un instrumento de confluencia entre o ámbito laboral e o formativo, de forma que un traballador poda pasar dun a outro indistintamente e en calquera momento para completar e acreditar a súa formación nun determinado ámbito. Nese aspecto, constitúen un avance de cara a un mellor recoñecemento e a unha homoxeneización respecto a Europa.

En relación ó emprendemento, máis que unha ferramenta, trátase dunha filosofía de traballo, dunha pata mais do banco da economía dun país; as políticas activas de emprego cada vez fan mais fincapé no mesmo como unha das saídas laborais máis importantes e a súa vez, como un dos motores principais das economías nacionais.
Pero para fomentalo, faise necesario: un incremento considerable das axudas e das medidas económicas e fiscais que o favorezan, unha simplificación dos trámites e da burocracia, unha formación axeitada ó emprendedor (dende o ensino obrigatorio) e un asesoramento continuo.
En España, aínda que cada vez hai mais emprendedores, todavía estamos lonxe dos niveis dos países desenvolvidos da nosa contorna, e polo tanto, faise máis necesario incrementar as medidas citadas.

E ¿agora qué? ¿temos as cousas máis claras, a base conceptual para o noso traballo de orientación? Xa veremos...seguimos traballando.

Pablo Bello.