luns, 17 de novembro de 2014

Reflexión grupal Módulo 3: Marco instrumental – Sesión do 25 de outubro de 2014

 Itinerario Personalizado de Inserción e Prospección de empresas

Nesta sesión levada a cabo a  finais de outubro,  por Mayte Deus, un dos módulos dos que a maioría de nós xa desexábamos que chegara  neste CEOL 2014 : " O  marco Instrumental do Orientador Laboral", analizándose a ferramenta principal  os  Itinerarios Persoais de Inserción ( IPIS) e os Prospectores de Emprego, unha ocupación en auxe que xunto coa de Orientador/a Laboral fan un tándem case perfecto na intermediación laboral.

Cabe matizar que cando un demandante se inscribe no SPEG, partindo de que se inscribe para facer Busca Activa de Emprego, (porque se poden inscribir demandando outros servizos ou estar noutra situación administrativa), debería facerse polo persoal das oficinas unha entrevista persoal , que se denomina Clasificación.

O demandante acreditará a súa formación e a súa experiencia, o que permitirá intermediar no mercado de traballo de maneira máis efectiva , xa que este é o principal obxectivo da Clasificación, xunto con determinar os intereses e necesidades reais da persoas demandantes de emprego.

Polo tanto cando unha persoa acode a unha cita de Orientación, o primeiro paso que debemos facer será analizar a súa formación, dispoñibilidade,motivacións persoais,a elección das ocupacions (algo fundamental na demanda de emprego)…. todo isto comprobamolo a través do programa SICAS que é como coñecemos os Orientadores  o aplicativo da Comunidade Autónoma na que se rexistra o perfil das persoas demandantes .
Este primeiro paso considerado de gran  importancia  e que moitos descoñecen permitíranos facer un Diagnóstico de ocupabilidade , tódolos datos recollidos na súa demanda serán esenciais para levar a cabo un bo proceso de orientación.

No caso de que a demanda estea incompleta, ou non actualizada ,os demandantes deberán actualizar os seus datos no SPEG, si lles falta moito por completar na demanda , o mellor é que o orientador/a lle xestione unha cita de Clasificación con día e hora (recóllese como obrigas tamén dos demandantes acudir a citas de clasificación inda que a maioría da poboación as únicas obrigas que coñecen son as de presentarse a ofertas de emprego e a de renovación da demanda).

Si a demanda de emprego está clasificada veremos perfectamente o  seu Nivel de Empregabilidade e o seu Nivel de Dispoñibilidade polo que saberemos de principio o camiño iniciado polo demandante ou ben cal é o seu obxectivo principal.

Para máis información mirar aquí o artigo publicado neste blog por Dolores Fontenla Redondo onde se analiza detidamente o proceso de Clasificación.


INSTRUMENTO BÁSICO DUN ORIENTADOR - O Itinerario Personalizado de Inserción (IPI)

O IPI  e o instrumento básico técnico que está constituído por un conxunto de actividades secuencias que lle facilita ás persoas atendidas os recursos necesarios para que xestionen con autonomía o seu proceso de inserción laboral.

O  Itinerario conleva un compromiso de actividades que propón o orientador e acepta o demandante de emprego en consenso e que é asinado por ambas partes, o asinar o documento é un xeito de motivar e responsabilizar á persoa no seu proceso de inserción.

A finalidade dun IPI é cumprir o obxectivo , non ten por que ser só o da inserción laboral ,tamén pode ser a mellora  da cualificación profesional do usuario
Polo tanto o punto de partida do IPI, é o compromiso,

Un Orientador non busca emprego, axuda, guía e acompaña no proceso de Búsquea Activa de Emprego (BAE) ou BAF, co obxectivo de mellorar o nivel de empregabilidade. Otra función del orientador: derivar a otros servicios o profesionales

Destacar que ata este ano 2014 ,a normativa cambiou, xa que a xente que tiña solicitado través dun IPI tiña preferencia para acceder ás Políticas Activas Emprego (AFD, Obradoiros, Programas Experimentais....), xa que se entendía que os Orientadores o facían acorde cun obxectivo e ademais as persoas beneficiarias tiñan unha axuda económica maior.

Xerouse debate nesta sesión presencial neste punto, dado que tal e como se expuxo nos últimos anos desvirtuouse o uso do instrumento do IPI por parte de moitos orientadores , polo que este ano por exemplo para acceder a un AFD os usuarios tiñan que pasar o mesmo proceso que os demais demandantes, e ademais se ía comprobar que o IPI foi aberto correctamente e adecuado ós obxectivos propostos por parte da Consellería, matizando a maiores que só en causas moi xustificadas un usuario podería ter aberto consecutivamente outro IPI ( Ex. Reciclaxe profesional).


FASES PRINCIPAIS DUN IPI
 Fase de Inicio , Fase de Seguimento e Fase Fin

Fase de Inicio

Esta primeira fase é unha das máis técnicas e importantes do proceso do itinerario; Debe constar mínimo de dúas entrevistas; Inclúe a recepción e acollida do demandante (debemos darlle plena confianza na nosa figura de orientador); nela é onde se detectan as necesidades e expectativas dunha persoa , a través dunha entrevista en profundidade , recollemos toda a información e facemos análise ( características persoais, Actitudes, Aptitudes,Formación, Experiencia laboral, Habilidades, Intereses, Dispoñibilidade... incluso debemos detectar o CV oculto dos nosos usuarios como posible e futura saída laboral) das diferentes  variables do diagnóstico profesional que inciden no proceso de orientación.

Unha vez rematada a recollida de información e análises definiremos o seu obxectivo profesional, estableceremos metas para conseguilo e a súa consecución nun tempo determinado, recollerase todo esto nos documentos de " Perfil Profesional"(analizaranse as competencias que conforman o perfil profesional elixido idóneo no mercado de traballo e o potencial da persoa orientada, en que nivel as posúe  ou si ten que adquirilas) e " Tarefas Acordadas"( Acordarase o obxectivo profesional, obter información sobre posibles traballos, preparar a búsquea activa de emprego, Adquirir os coñecementos que esixe o mercado, horas que se van adicar para conseguir o obxectivo.....) 

Esta primeira fase remata por parte do orientador tendo claro o diagnóstico de empregabilidade do orientado e  concretando o Plan de Traballo Individual que se seguirá nos próximos 6 meses que é a duración do IPI.

A Primeira cita do Plan Individual de Traballo, é realmente cando comeza o IPI e se asina o documento de  "Compromiso de actividades" que vai ser vinculante durante o proceso en base os documentos  de Obxectivo Profesional e Tarefas acordadas consensuados nas entrevistas previas á Fase Inicial coñecida como Avaliación.

Compromiso de Actividades:Obter nivel de Estudos, Elaborar CV, Inscrición Ett,s, Buscadores de Emprego.....) para conseguilo (pode recollerse a solicitude de accións grupais, Obradoiros, Autoemprego,AFD,...) toda a formación será solicitada polo Orientador dentro do IPI (Servizos aconsellados) e enviárase ó sistema SICAS para telo en conta cando  se faga esa oferta formativa gratuíta pola administración competente na materia.

Na teoría a formación solicitada dentro dun IPI teñen preferencia para acudir pero non para ser obrigatoriamente seleccionados como sucedía antes.  

Fase de Seguemento
Esta fase consiste no desenvolvemento do IPI, no que as persoas orientadas realizarán as distintas actividades definidas no seu Itinerario, co seguimento e apoio do persoal de orientación e aclaración de calquera dúbida ou cuestión.
O Itinerario é susceptible de redefinirse en función das posibilidades efectivas para a consecución de/dos obxectivos.

Aconséllase ter unha axenda de Búsqueda de Emprego na que o Orientado vaia recollendo as actividades realizadas para conseguir o seu obxectivo profesional.

As primeiras citas de control de seguimento deben ser presenciais e máis frecuentes, cando o IPI xa está en marcha as citas de seguimento poden ser máis espaciadas(quincenais/mensuais) e non teñen porque ser presenciais, poden ser vía telefónica , mail, fax....

Fase Fin ( Finalización e Avaliación do Itinerario)

Fase na que se avalían os resultados obtidos no marco do itinerario de inserción e na que tendo en conta a consecución dos obxectivos, procédese a finalización e cerre do IPI.
O itinerario pode finalizar por colocación, consecución de obxectivos, caducidade, causa xustificada ou por causa do persoal de orientación.
Nun documento recóllense o grado de cumprimento das actividades realizadas. Destacar que aínda que o IPI se cerre os servizos  que estaban aconsellados (solicitados) seguen a ter preferencia.

Pincha na seguinte imaxe para poder visualizar as fases dun itinerario de xeito visual.



Fonte obtida PDF Módulo 3 Tema 12 CEOL 2014

PROSPECCIÓN DE EMPRESAS

Un prospector de empresas ten como obxectivo a aproximación ó tecido empresarial para favorecer o proceso da intermediación laboral

¿Qúe Perfil debe ter un Prospector de Empresas? ¿Ten que ter perfil comercial para vender o servizo dunha administración local?O perfil de prospector é tan amplo como o dun Orientador.
                                                                         
Perfil de Prospector:
.-Carácter Comercial
.-Comunicación,negociación,asertividade,orientación ó cliente e organización/planificación.
.-Escoita activa, ser negociador, asertivo,persuasivo empático, ter profesionalidade e eficacia.
.-Coñecedor dos servizos da súa organización e das  necesidades das empresas (A  administración non favorece a relación cos empresarios).

O prospector debe levar toda a información e vender os servizos públicos; Adecuar o que a empresa  demanda coa formación, esto facilitará a intermediación e a incorporación laboral

Intervención dun Prospector
  • Deberá preparar a visita á empresa: obter información dela, elaborar un catálogo de servizos , contactar e levar por suposto acreditación.
  • Debe ter  información suficiente da empresa antes de realizar la prospección laboral
  • A estratexia de prospección  estará deseñada en  función das características dos demandantes da bolsa de emprego que se manexe nese momento.
  • Necesidade de Programas elaborados, con continuidade e que se adapten ás necesidades do mercado
En conclusión ,  que dentro da nosa labor como orientadores/as é a prospección de empresas, unha labor con moito futuro.


Bibliografía


Acceso á Orde ORDE do 20 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de información, orientación e prospección de emprego no exercicio 2014.

A continuación podes ver un Vídeo relacionado, co exposto neste artigo: Inscrición, Clasificación, Orientación Laboral e Prospectores de Emprego, neste caso do Servicio Extremeño Público de Emprego (SEXPE) propiedade da  Televisión Canal de Extremadura.

 http://goo.gl/Ch6gxg 




STORIFY DA SESIÓN

Storify sobre a sesión do 25 de outubro




 Grupo Innova.

3 comentarios:

  1. Parabéns polo artigo. Está xenial. Vouno converter en manual de cabeceira.

    ResponderEliminar
  2. Qué rapidez! Gracias Tero; vamos colléndolle o truco, agora esperar a valoración de Carlos.

    ResponderEliminar