sábado, 1 de novembro de 2014

MARCO PERSOAL DA ORIENTACION LABORAL : Saber facer, Saber Estar, Saber Ser "Saber".


Neste módulo 2 levouse a cabo o análisis e desenvolvemento das competencias asociadas á ocupación de Orientador Laboral, inda que considero que moitas delas son Competencias Básicas que todo profesional debería posuir.

O marco persoal no que se desenvolve a Orientación Laboral vai emparellada directamente e inevitablemente do desenvolvemento práctico diario, a cada segundo, de todo tipo de Competencias: Teóricas e técnicas, Organizativas, Comunicativas, Sociais, Dixitais .... estas tres últimas analizadas de maneira máis salientable.


Nun servizo de Orientación a aplicación das diferentes competencias debe ser  flexible, individual e  adecuada  a cada un dos usuarios do servizo pero sempre procurando a súa autonomía " Hai que saber ata onde podemos chegar e  que podemos transmitirlle".


A continuación enumerarei as Competencias na Orientación Laboral, pero como da teoría á práctica hai un cacho, na próxima publicación intentarei facer unha análisis de identificación das diversas competencias nun suposto práctico das citas que diariamente realizo.





AS COMPETENCIAS DO ORIENTADOR
 ( Para min "Decálogo de todo Orientador")

1. Habilidades sociais e persoais para a comunicación: Saber iniciar e manter conversas, reconducir as conversas ou o diálogo segundo o propósito inicial, realizar escoitas activas, manter un nivel de vocabulario que favoreza a comunicación, a autenticidade e a naturalidade na intervención.

Este primiero apartado mereceu neste CEOL 2014, temas específicos destacando dentro do Desenvolvemento de competencias comunicativas a importancia na forma de comunicarse (Elexir ben o lugar no que se desenvolve a entrevista para evitar interferencias,A canle, O Código.... todo debe ser adecuado ó receptor para que lle chegue a mensaxe que queremos transmitir " O que vale é o que entende o receptor", os diferentes tipos de comunicación verbal (palabras e tono da nosa voz) e a comunicación non verbal xa que ata un 80 % da nosa comunicación é a través desta canle ( Xestos faciais, postura e distancia corporal,contacto visual, movementos de brazos e mans...).

Para unha comunicación eficaz debemos levar a cabo unha "escoita activa", saber escoitar,entender a comunicación, respetar as pausas, non interromper,....... , mostrar "empatía" poñerse no lugar do usuario, entender os seus sentimentos, medos ....., e ó mesmo tempo pódense lanzar mensaxes de reforzo ou críticas contructivas, comprobaremos a medida que avanza a entrevista si o intercambio de mensaxes, comentarios,opinións... mais conocido como "Retroalimentación ou Feedback" chega de maneira correcta ó receptor.

Un Orientador debe manexar as Habilidades e Competencias Sociais recollidas no párragrafo anterior xunto co dominio de traballo en equipo, Resolución de conflictos, Asertividade ( un factor moi importante vinculado a calquer logro, xa que facilita a chegada a calquer meta sexa persoal ou profesional que requera das relacións sociais ou interpersoais) e para min a destacar a intelixencia emocional xa que se non dominas esta técnica cando de topas con determinados usuarios todo se che pode vir abaixo, e como orientadora debemos facer o maior esforzo por lograr unha boa empatía, pois iso vai resultar moi importante para establecer unha comunicación co/a usuario/a que se basee na confianza e o respecto mutuo e que consiga

2. Coñecemento da lexislación, normativa específica e recursos sobre emprego, prestacións, fiscalidade, impostos, etc.... dominio da lexislación actualizada, saber acceder ás fontes documentación legal e saber transmitir a información adecuadamente.
Debemos saber derivar ó servizo que corresponda(Ex.: Prestacións-podemos dar unha pautas básicas,pero de ahí a interpretar si lle van recoñecer ou non unha prestación por desemprego, para eso está o persoal do SEPE).

3. Dominio de metodoloxía didáctica para presentar técnicas para o acceso ao emprego e ao autoemprego( Planificar adecuadamente as sesións nas que se ensinan técnicas para buscar emprego e autoemprego, informar previamente sobre o que se vai realizar encada sesión, usar medios audiovisuais, realizar actividades prácticas referidas ás técnicas para a procura de emprego ou autoemprego, empregar unha metodoloxía activa e participativa e procurar que a aprendizaxe resulte realmente significativa.

4. Traballo cooperativo e procura de ligazóns. Coordinar e traballar en grupo, por exemplo con traballadores sociais e outro tipo de profesionais,derivar ou aceptar a actividade complementaria entre profesionais, tomar decisións de forma conxunta co equipo de traballo, participar en sesións de traballo nas que se debaten casos de orientación laboral e participar no deseño das actuacións ou protocolos de actuación.

5. Dominio de técnicas de Psicoloxía Clínica e Terapia Psicolóxica.  Coñecer a relevancia das variables psicolóxicas que condicionan a busca de emprego, dispor de coñecementos, habilidades e destrezas suficientes para diagnosticar nas persoas usuarias necesidades de atención psicolóxica e dispor de coñecementos, habilidades e destrezas do ámbito da Psicoloxía que permitan a intervención coa persoa usuaria.

6. Análise da situación e de axuda na toma de decisións. As competencias propias desta dimensión permiten: ter unha imaxe axustada da realidade da persoa usuaria, solicitando a información necesaria acerca do seu contexto sociolaboral próximo, axudar ao usuario a analizar os "pros" e os "contras" das diferentes alternativas e colaborar no proceso de toma de decisión para alcanzar os seus obxectivosprofesionais, sen perturbar a opción final do usuario.

7. Análise de perfís profesionais e prospección de emprego: Coñecer a oferta de emprego existente no contexto próximo ó usuario, saber facer prospeccións de emprego en localidades ou sectores de actividade onde poida ocupar postos de traballo e elaborar e manter actualizada unha base de datos "profesiográfica".

8. Actualización permanente: investigación - acción. Procurar estar ao día en canto a contidos e técnicas que poidan mellorar o propio traballo, facer avaliación e seguimento de casos resoltos, reflexionar sobre a práctica orientadora para mellorala, ler documentos institucionais e/ou revistas especializadas e participar en cursos, seminarios, simposios e/ou congresos.

9.Deseño de Programas de Inserción Laboral. Competencias que  nos permiten o desenvolvemento de funcións tan relevantes como: coñecer os elementos básicos dun programa de inserción laboral, deseñar programas ou adaptar os existentes ás características específicas das persoasusuarias, implementar programas adecuándoos ás características destas e saber avaliar programas deste tipo.

10. Manexo das tecnoloxías da información e da comunicación. Nesta décima e última dimensión faise referencia ás diversas competencias necesarias para: desenvolverse no uso dos medios telemáticos, usar as tecnoloxías da información e a comunicación para compartir o traballo con outros profesionais e prepararse para a "teleorientación" que nos chega.

Este derradeiro punto do decálogo , execútase de maneira  transversal ó longo de todo o CEOL 2014:

COMPETENCIAS DIXITAIS PARA A ORIENTACIÓN
A Web 2.0 para a orientación Laboral e 

Para min , a mellor forma de amosarvos a aplicación práctica das Competencias Dixitais é A miña PLE , que foi publicada anteriormente neste blog , e que a estas alturas de curso xa evolucionou de maneira rápida.
Destacar  a creación da nosa marca, o coidado da nosa identidade dixital, Reputación On line,  o descubrimento de  que traballar en rede lle chaman " networking"o uso de espazos sociais e súa  dinamización , descoñecidos para min, como Linkedin, Pinterest, Google+, e sobre todo o uso de marcadores sociais, o proceso da curación de contidos con ferramentas como o Scoop.it, Feedly.... da que podedes ver mais  na miña anterior reflexión individual  picando aquí

Os Orientadores Debemos:

1.-Desenvolver a nosa propia competencia dixital: coñecer e dominar as ferramentas web 2.0 que facilitan enormemente a tarefa diaria.

2. Elaborar o noso propio Blogue profesional: a elaboración do propio blogue profesional e o fomento dos blogues de persoas usuarias ou da acción formativa en si.

3.Explorar a contorna laboral: de forma continuada, facendo unha procura constante e actualizada da información sobre mercado laboral, situación económica, ferramentas.



4.Colaborar e Compartir: as redes sociais e profesionais permiten, como vimos, o traballo colaborativo e en rede. Tan útil para nutrir os coñecementos de todos/as os/as profesionais.

5.Crear e Construír: relacións interpersoais e profesionais que nos facilitarán ese traballo colaborativo ampliando tamén a capacidade relacional e de traballo en equipo.

6.-Descubrir oportunidades: o acceso constante e inmediato á información facilita o manexo da información en tempo real, obtendo maiores posibilidades de recibir a información no momento xusto no que está a pasar ou onde se está xerando esa oportunidade real (de traballo, de negocio ou formación, entre outras).

7.Aprender constantemente: O/a orientador/a conectada ás ferramentas web 2.0, ligando co punto anterior, descobre con máis facilidade as oportunidades formativas Fomenta tamén a competencia de aprendizaxe constante, autoaprendizaxe e xestión da información. 

8.-Difundir información: A web 2.0 permite difundir de forma rápida, cómoda e precisa toda a información útil para as persoas que necesiten dos devanditos recursos, ou para os/as propios compañeiros/as do sector. 


En resume os orientadores debemos atender de maneira individualizada e flexible, e procurar a autonomía e desenvolvemento dos nosos usuarios

Si chegaches ata aquí é porque estás lendo este blog, se che interesa un análisis sincero e tomar boa nota dos aspectos relacionados co teu perfil profesional, atrévete a facer un Autoanálisis (CONOCIMIENTOS, DESTREZAS, ACTITUDES e COMPETENCIAS) picando aquí , que permitirá que os orientadores poidamos acompañar ós usuarios no seu proceso de crecemento como persoas, algo que xa facíamos pero que agora se conoce mais por "Coaching", pero sobre todo quero destacar que esta profesión ten moito de vocacional, poderemos aprender moitas cousas pero son das que penso que se leva na sangue.


Avelina Dios Romay



Ningún comentario:

Publicar un comentario