Amosando publicacións coa etiqueta competencias dixitais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta competencias dixitais. Amosar todas as publicacións

sábado, 1 de novembro de 2014

MARCO PERSOAL DA ORIENTACION LABORAL : Saber facer, Saber Estar, Saber Ser "Saber".


Neste módulo 2 levouse a cabo o análisis e desenvolvemento das competencias asociadas á ocupación de Orientador Laboral, inda que considero que moitas delas son Competencias Básicas que todo profesional debería posuir.

O marco persoal no que se desenvolve a Orientación Laboral vai emparellada directamente e inevitablemente do desenvolvemento práctico diario, a cada segundo, de todo tipo de Competencias: Teóricas e técnicas, Organizativas, Comunicativas, Sociais, Dixitais .... estas tres últimas analizadas de maneira máis salientable.


Nun servizo de Orientación a aplicación das diferentes competencias debe ser  flexible, individual e  adecuada  a cada un dos usuarios do servizo pero sempre procurando a súa autonomía " Hai que saber ata onde podemos chegar e  que podemos transmitirlle".


A continuación enumerarei as Competencias na Orientación Laboral, pero como da teoría á práctica hai un cacho, na próxima publicación intentarei facer unha análisis de identificación das diversas competencias nun suposto práctico das citas que diariamente realizo.





AS COMPETENCIAS DO ORIENTADOR
 ( Para min "Decálogo de todo Orientador")

1. Habilidades sociais e persoais para a comunicación: Saber iniciar e manter conversas, reconducir as conversas ou o diálogo segundo o propósito inicial, realizar escoitas activas, manter un nivel de vocabulario que favoreza a comunicación, a autenticidade e a naturalidade na intervención.

Este primiero apartado mereceu neste CEOL 2014, temas específicos destacando dentro do Desenvolvemento de competencias comunicativas a importancia na forma de comunicarse (Elexir ben o lugar no que se desenvolve a entrevista para evitar interferencias,A canle, O Código.... todo debe ser adecuado ó receptor para que lle chegue a mensaxe que queremos transmitir " O que vale é o que entende o receptor", os diferentes tipos de comunicación verbal (palabras e tono da nosa voz) e a comunicación non verbal xa que ata un 80 % da nosa comunicación é a través desta canle ( Xestos faciais, postura e distancia corporal,contacto visual, movementos de brazos e mans...).

Para unha comunicación eficaz debemos levar a cabo unha "escoita activa", saber escoitar,entender a comunicación, respetar as pausas, non interromper,....... , mostrar "empatía" poñerse no lugar do usuario, entender os seus sentimentos, medos ....., e ó mesmo tempo pódense lanzar mensaxes de reforzo ou críticas contructivas, comprobaremos a medida que avanza a entrevista si o intercambio de mensaxes, comentarios,opinións... mais conocido como "Retroalimentación ou Feedback" chega de maneira correcta ó receptor.

Un Orientador debe manexar as Habilidades e Competencias Sociais recollidas no párragrafo anterior xunto co dominio de traballo en equipo, Resolución de conflictos, Asertividade ( un factor moi importante vinculado a calquer logro, xa que facilita a chegada a calquer meta sexa persoal ou profesional que requera das relacións sociais ou interpersoais) e para min a destacar a intelixencia emocional xa que se non dominas esta técnica cando de topas con determinados usuarios todo se che pode vir abaixo, e como orientadora debemos facer o maior esforzo por lograr unha boa empatía, pois iso vai resultar moi importante para establecer unha comunicación co/a usuario/a que se basee na confianza e o respecto mutuo e que consiga

2. Coñecemento da lexislación, normativa específica e recursos sobre emprego, prestacións, fiscalidade, impostos, etc.... dominio da lexislación actualizada, saber acceder ás fontes documentación legal e saber transmitir a información adecuadamente.
Debemos saber derivar ó servizo que corresponda(Ex.: Prestacións-podemos dar unha pautas básicas,pero de ahí a interpretar si lle van recoñecer ou non unha prestación por desemprego, para eso está o persoal do SEPE).

3. Dominio de metodoloxía didáctica para presentar técnicas para o acceso ao emprego e ao autoemprego( Planificar adecuadamente as sesións nas que se ensinan técnicas para buscar emprego e autoemprego, informar previamente sobre o que se vai realizar encada sesión, usar medios audiovisuais, realizar actividades prácticas referidas ás técnicas para a procura de emprego ou autoemprego, empregar unha metodoloxía activa e participativa e procurar que a aprendizaxe resulte realmente significativa.

4. Traballo cooperativo e procura de ligazóns. Coordinar e traballar en grupo, por exemplo con traballadores sociais e outro tipo de profesionais,derivar ou aceptar a actividade complementaria entre profesionais, tomar decisións de forma conxunta co equipo de traballo, participar en sesións de traballo nas que se debaten casos de orientación laboral e participar no deseño das actuacións ou protocolos de actuación.

5. Dominio de técnicas de Psicoloxía Clínica e Terapia Psicolóxica.  Coñecer a relevancia das variables psicolóxicas que condicionan a busca de emprego, dispor de coñecementos, habilidades e destrezas suficientes para diagnosticar nas persoas usuarias necesidades de atención psicolóxica e dispor de coñecementos, habilidades e destrezas do ámbito da Psicoloxía que permitan a intervención coa persoa usuaria.

6. Análise da situación e de axuda na toma de decisións. As competencias propias desta dimensión permiten: ter unha imaxe axustada da realidade da persoa usuaria, solicitando a información necesaria acerca do seu contexto sociolaboral próximo, axudar ao usuario a analizar os "pros" e os "contras" das diferentes alternativas e colaborar no proceso de toma de decisión para alcanzar os seus obxectivosprofesionais, sen perturbar a opción final do usuario.

7. Análise de perfís profesionais e prospección de emprego: Coñecer a oferta de emprego existente no contexto próximo ó usuario, saber facer prospeccións de emprego en localidades ou sectores de actividade onde poida ocupar postos de traballo e elaborar e manter actualizada unha base de datos "profesiográfica".

8. Actualización permanente: investigación - acción. Procurar estar ao día en canto a contidos e técnicas que poidan mellorar o propio traballo, facer avaliación e seguimento de casos resoltos, reflexionar sobre a práctica orientadora para mellorala, ler documentos institucionais e/ou revistas especializadas e participar en cursos, seminarios, simposios e/ou congresos.

9.Deseño de Programas de Inserción Laboral. Competencias que  nos permiten o desenvolvemento de funcións tan relevantes como: coñecer os elementos básicos dun programa de inserción laboral, deseñar programas ou adaptar os existentes ás características específicas das persoasusuarias, implementar programas adecuándoos ás características destas e saber avaliar programas deste tipo.

10. Manexo das tecnoloxías da información e da comunicación. Nesta décima e última dimensión faise referencia ás diversas competencias necesarias para: desenvolverse no uso dos medios telemáticos, usar as tecnoloxías da información e a comunicación para compartir o traballo con outros profesionais e prepararse para a "teleorientación" que nos chega.

Este derradeiro punto do decálogo , execútase de maneira  transversal ó longo de todo o CEOL 2014:

COMPETENCIAS DIXITAIS PARA A ORIENTACIÓN
A Web 2.0 para a orientación Laboral e 

Para min , a mellor forma de amosarvos a aplicación práctica das Competencias Dixitais é A miña PLE , que foi publicada anteriormente neste blog , e que a estas alturas de curso xa evolucionou de maneira rápida.
Destacar  a creación da nosa marca, o coidado da nosa identidade dixital, Reputación On line,  o descubrimento de  que traballar en rede lle chaman " networking"o uso de espazos sociais e súa  dinamización , descoñecidos para min, como Linkedin, Pinterest, Google+, e sobre todo o uso de marcadores sociais, o proceso da curación de contidos con ferramentas como o Scoop.it, Feedly.... da que podedes ver mais  na miña anterior reflexión individual  picando aquí

Os Orientadores Debemos:

1.-Desenvolver a nosa propia competencia dixital: coñecer e dominar as ferramentas web 2.0 que facilitan enormemente a tarefa diaria.

2. Elaborar o noso propio Blogue profesional: a elaboración do propio blogue profesional e o fomento dos blogues de persoas usuarias ou da acción formativa en si.

3.Explorar a contorna laboral: de forma continuada, facendo unha procura constante e actualizada da información sobre mercado laboral, situación económica, ferramentas.



4.Colaborar e Compartir: as redes sociais e profesionais permiten, como vimos, o traballo colaborativo e en rede. Tan útil para nutrir os coñecementos de todos/as os/as profesionais.

5.Crear e Construír: relacións interpersoais e profesionais que nos facilitarán ese traballo colaborativo ampliando tamén a capacidade relacional e de traballo en equipo.

6.-Descubrir oportunidades: o acceso constante e inmediato á información facilita o manexo da información en tempo real, obtendo maiores posibilidades de recibir a información no momento xusto no que está a pasar ou onde se está xerando esa oportunidade real (de traballo, de negocio ou formación, entre outras).

7.Aprender constantemente: O/a orientador/a conectada ás ferramentas web 2.0, ligando co punto anterior, descobre con máis facilidade as oportunidades formativas Fomenta tamén a competencia de aprendizaxe constante, autoaprendizaxe e xestión da información. 

8.-Difundir información: A web 2.0 permite difundir de forma rápida, cómoda e precisa toda a información útil para as persoas que necesiten dos devanditos recursos, ou para os/as propios compañeiros/as do sector. 


En resume os orientadores debemos atender de maneira individualizada e flexible, e procurar a autonomía e desenvolvemento dos nosos usuarios

Si chegaches ata aquí é porque estás lendo este blog, se che interesa un análisis sincero e tomar boa nota dos aspectos relacionados co teu perfil profesional, atrévete a facer un Autoanálisis (CONOCIMIENTOS, DESTREZAS, ACTITUDES e COMPETENCIAS) picando aquí , que permitirá que os orientadores poidamos acompañar ós usuarios no seu proceso de crecemento como persoas, algo que xa facíamos pero que agora se conoce mais por "Coaching", pero sobre todo quero destacar que esta profesión ten moito de vocacional, poderemos aprender moitas cousas pero son das que penso que se leva na sangue.


Avelina Dios Romay



martes, 28 de outubro de 2014

Reflexión persoal do Marco Persoal da Orientación

               

O longo deste segundo módulo tratamos temas relacionados cas competencias (habilidade sociais, comunicativas, dixitais, etc)  que debe adquirir e posuir todo orientador laboral.


Concretamente aborcouse  estes cinco temas:



Dentro do tema de orientación laboral e as súas competencias tratouse a orixe, definición da mesma, como tamén o perfil do profesional do orientador laboral e as súas áreas de intervención.

Centrouse moito neste primer tema as competencias que debe dispor a figura do orientador laboral. Fan referencia a todos eses coñecementos, destrezas e actitudes que compoñen e definen a un profesional. Dentro do campo da orientación as competencias esenciais son:

ü        Competencias teoricas e técnicas
ü        Competencias organizativas
ü        Competencias comunicativas
ü        Habilidades sociais
ü        Competencias dixitais


O tema sobre o desenvolvemento de competencias comunicativas foi exposto por  Don Fernando Aguilar, onde fixo especial fincapé os elementos, tipos e barreiras de comunicación, como tamén as técnicas de comunicación eficaz (escoita activa, xanela de johari, etc), pasos que debemos facer para fixar un bo proceso de comunicación, e todo elo o espuxo, dende o meu parecer, a través dun coloquio dinámico e interesante. 

O tema 8 está centrado nas competencias sociais, destacando a súa importancia á hora de interactuar e relacionarnos cos demais: Asertividade, empatía, intelixencia emocional, resolución de conflictos, traballo en equipo,reforzamento, etc.




A práctica dunha boa comunicación e posuir as correctas habilidades sociais son unhas das competencias esenciais que debe dominar e manexar calquera profesional que traballe con persoas, para así ter un resultado exitoso durante a intervención. Escoita activa, asertividade, empatía, retroalimentación, comunicación verbal e non verbal son un dos exemplos de habilidades comunicativas que se teñen que avivar nunha interrelación entre orientador e usuario. Saber escoitar e porse na pel da outra persoa axudan ó profesional a recopilar mellor a información e a intervir dun xeito máis eficaz.

Todas estas habilidades e competencias teñen que estar moi presentes no orientador, onde deben traballalas, pulilas e potenciales diariamente. En determinadas profesións, en onde a  relación interpersoal é moi freconte deberíase enfatizar máis a adquisición de determinadas habilidades sociais, as cales unidas ás destrezas técnicas proporcionarían un traballo de maior calidade, máis eficaz e máis satisfactorio.

Tristemente hai moitos individuos que non se relacionan de forma constructiva cos demáis, por ser: excesivamente permisivos, agresivos, intransixentes, por transmitir mal a información, non saber expresar os sentimentos, ter dificultades para concertar unha cita, etc.
A pesar da importancia demostrada das habilidades sociais en tódolos entornos, moitos profesionais non lle otorgan a importancia que posuen.



Por outra bando, dentro dos dous últimos temas (9 e 10) tratamos o tema das competencias dixitais, concretamente das novas tecnoloxías e a web 2.0.  Carlos nos adentrou no mundo das redes sociais, twitter, facebook, etc  a construcción de contido con Wordpress ou Blogger, a creación de historias a través do Storify, a curación de contidos da man de Scoop.it, etc.
Decir que para min estes últimos temas do módulo 2 os considero novedoso (moitas das ferramentas de web 2.o eran totalmente descoñecidas para min) e de gran utilidade para a orientación laboral, xa que  co coñecemento e manexo das mesmas fomentamos as nosas competencias dixitais.




domingo, 26 de outubro de 2014

MARCO PERSOAL DA ORIENTACIÓN LABORAL – REFLEXIÓN INDIVIDUAL MÓDULO 2.


 
As novas competencias dixitais.

Chegados a estas alturas do curso, metémonos de cheo no ámbito da orientación laboral, con todas as súas vertentes e as súas complexidades: comunicación, ferramentas dixitais, competencias sociais,... e todo o especificamente relacionado co traballo de orientación laboral. Un mundo!

Quizais empezamos algo desconcertados: de repente, un aluvión de novas ferramentas tecnolóxicas e o primeiro que se nos pasa pola cabeza é: “pero, vou utilizar eu todo iso para facer orientación laboral?”. Pois, como coa maioría das cousas: non todo e non sempre. Pero o feito de coñecelas danos a oportunidade de ir configurando a nosa  “caixa de ferramentas (dixitais)”, que utilizaremos segundo o que nos vaia facendo falla, as que nos resulten máis cómodas, ou máis operativas, ou máis rentables …

Novos termos: About.me, Feedly, Scoop.it, Curación de contidos, Google +,… e outros que xa nos soaban ou incluso xa usabamos, aínda que non para o noso traballo: Facebook, Linkedin, Twitter, Blogger...Novos enfoques para algúns deles, separar o uso particular do profesional, facer unha utilización coidadosa … a “pegada dixital”.
 
Podemos logo, introducir un novo concepto, segundo se inclúe no propio temario:  

“PLE (Personal Learning Environment, Entorno Persoal de Aprendizaxe polas súas siglas en inglés) pode considerarse como un ecosistema onde conflúen as ferramentas e servizos da Web 2.0 coa súa utilización no aprendizaxe persoal”. Dedúcese pois que o PLE non é soamente un conxunto de ferramentas, se non tamén unha serie de mecanismos e estratexias: de lectura, de reflexión, de relación …

Polo tanto, “todos temos un PLE”: todos recibimos e producimos información no noso ámbito laboral ou de interese. Pero deixámolo aí: é tema doutra entrada neste blog.

Ben, sobrevivimos e adaptámonos. Incluso, xa lle collemos o gusto a algunhas desas ferramentas:
“ Deus!!… e eu sen saber que existía isto!”

Pero, olliño, o bo ou menos bo das ferramentas de comunicación dixitais, depende en grande medida do seu uso. Correcto ou incorrecto. Axeitado ou non axeitado. E aí é onde aparecen os conceptos de “identidade dixital” e de “reputación dixital”.

A “identidade dixital” é a nosa presenza na rede. Polo tanto, estará baixo o noso control só en parte: non a construímos só nos mesmos, se non tamén as interaccións dos demais con nos. E iso, cómo nos afecta?

A identidade dixital, pode ser un instrumento valioso para a nosa actividade profesional,  para promocionarnos, para facer chegar o noso perfil profesional, o noso traballo, a moita máis xente, facer contactos, relacións…”networking” (outro novo concepto). Pero esixe metodoloxía, disciplina, ser moi coidadosos, selectivos, ter presentes determinados hábitos de “boas prácticas”.

En fin, xa temos novos mecanismos, ferramentas; e agora, non perdamos de vista as competencias “ de sempre”.

As competencias comunicativas e a orientación laboral.
 
Neste punto, despois da “avalancha” de novos termos, chegou Fernando Aguilar. E veu a removernos cos seus contos, historias con mensaxe. Non afondarei nas súas ponencias xa que foron obxecto da entrada grupal anterior do noso blog.

A min particularmente, gustoume, en liñas xerais. Un bo comunicador falando de comunicación, a través da secuencia: Concepto -> conto -> reflexión.

A comunicación e as habilidades sociais constitúen un soporte fundamental do traballo de orientación laboral, dende todos os seus ámbitos: escoita activa, asertividade, empatía, retroalimentación, comunicación verbal e non verbal…

Son capacidades que debe traballar constantamente o orientador laboral. No seu traballo a comunicación ocupa a maior parte do tempo, interactúa con persoas de moi distintos perfís, con situacións persoais moi diferentes, laborais, económicas, familiares, etc.

A orientación laboral é un proceso. Hai etapas e situacións diferentes que producen situacións comunicativas diferentes. Polo tanto, esixe planificación. Hai que preparar a entrevista de orientación en función da persoa e do momento no que se atopa o proceso. Debemos axustar as diferentes variables do proceso de comunicación: o ton que imos utilizar, qué obxectivo perseguimos nesa situación de comunicación, qué argumentos imos utilizar…

Hai 4 fases que de forma xeral danse nunha entrevista ou nun proceso de comunicación: Planificar, Facer, Controlar e Corrixir.

Dende o meu punto de vista, son fundamentais, pola propia esencia do traballo do orientador laboral, a escoita activa e a empatía, como dúas das competencias comunicativas máis importantes a desenvolver.

A escoita activa, para que o noso interlocutor se saiba escoitado, animarlle a falar, reforzar, mirarlle mentres falamos... procurar sempre que se sinta cómodo.

E a empatía: debe sentir que o entendemos, saber poñernos na súa situación.

Comunicamos constantemente: falando, cos xestos, coa mirada, coa actitude. E tamén somos receptores: debemos estar sempre atentos ás sinais dos demais e da contorna.

Sempre pendentes, sempre coidadosos: unha mala comunicación ou unha mala interpretación pode dar lugar a unha situación non desexable.

 
A comunicación dixital

E todo se relaciona. A comunicación tamén é fundamental no ámbito dixital, en Internet, nas redes sociais. Moitas veces coas súas propias normas, en función da ferramenta, da canle utilizada, etc.

Temos que adaptar á nosa forma de comunicar en función do medio, do público obxectivo, por exemplo: os 140 caracteres en Twitter, as etiquetas, o uso estritamente profesional (Linkedin), o uso “mixto” (Blogs), o grupo de referencia (grupos temáticos).

En certo sentido, a evolución/revolución das redes sociais e de Internet, está a facer que as formas de comunicar se adapten a eses novos usos.


Polo tanto, debemos adaptarnos constantemente: ó interlocutor, á canle utilizada, ó tipo de mensaxe a transmitir, á tecnoloxía a empregar, á situación comunicativa. Así definiría o sentir desta entrada: ADAPTACIÓN E FLEXIBILIDADE.

Pablo Bello. 

 

luns, 13 de outubro de 2014

A Web 2.0 para a Orientación Laboral. Reflexión grupal.

 

 

Dende o inicio do curso fómonos metendo de cheo nun mundo virtual que non deixa de ser virtual, e que o que máis nos soaba era o de “competencias dixitais” nalgúns casos; neste caso imos facer una valoración de “A Web 2.0 para a Orientación Laboral” levada a cabo o 20 de setembro de xeito presencial.




 

Algo xa coñecíamos, os mails, algo de  Google+, o Facebook, oíamos falar de Twitter que sobre todo o usaban os máis novos e o Whatsapp…, sabíamos que había algo máis pero non todo o que estamos descubrindo. 
  
O primeiro do relatorio xa foron os famosos “chíos”, que daquel paxariño,…a biodiversidade… mundial, real, pero tamén virtual de que podemos seguir, ver e comentar moitas cousas aplicadas ao terreo profesional.

As novas “palabras”, lembrádevos do noso  hashtag   #Orientacióng e non debeu de quedar claro cando fai días, aínda nolo repetía...




 
SITUACIÓN:

Comezou expoñendo Carlos  a situación na que nos atopamos, o mundo no que nos movemos, e como comercial, que tiñamos que crear:

1º.- “Un perfil de talento” - que tiñamos que amosar o noso talento, a nosa traxectoria, e as nosas expectativas dun modo innovador; que unha imaxe vale máis que mil palabras e nos larga de cheo un exemplo dunha  gravación dun Videocurrículum…(Yovijob, ferramenta para videocurrículum) -pero si fai días non queríamos nin subir a foto…-, faite visible, marca a diferencia…e a continuación:

2º.-  Únete a grupos, agrégate a comunidades, date a coñecer…pero si as únicas que coñezo son as comunidades de edificios e non quero que me coñezan,  e ademais cada vez que vamos ás reunións só hai pagos... Polo visto, nas comunidades virtuais obtés beneficios…

3º.- Apps móbiles - coñecer todo o que hai dispoñible dende o móbil, para non deixar escapar oportunidades de emprego: pero si é o móbil o que me persegue, se me indica onde estou a cada momento, e me pregunta continuamente ¿Vive usted en…? ¿Trabaja usted en…?; este verán ata me dicía: “de la playa a su casa le lleva siete minutos”.

4º.- Información oficial - manexar portais oficiais do SPEG, SEPE…..en algo estamos dacordo.

5º.- Información experta - un montón de manuais e blogs, con consellos para todo o mundo e obter un gran éxito: todo o mundo sabemos dar consellos o problema é aplicalos a un mesmo.

Polo tanto, os ORIENTADORES/AS, que temos  que saber “de todo”, debemos poñer orde e manexar novas canles de busca, medios e soportes, medios de relación profesional, novos comportamentos, novos medios de relación profesional, novas ocupacións de perfís e novos recursos na Rede. Pero si todo é novo!. Algúns estarían encantados de estar continuamente con todo novo, indo á moda: ”Tés todo novo para estrear neste outono no Corte Inglés!”.

Ó mesmo tempo de manexar todo, porque somos moi controladores, temos que preocuparnos de desenvolver a nosa propia competencia dixital, elaborar o noso propio blog, crear e construír relacións interprofesionais, explorar a nosa contorna laboral, aprender constantemente e difundir información e transmitir como experiencia: “Está claro polo que estamos aquí”, pero tamén temos que ter chaves, case mestras (porque temos que ter competencias de todo tipo). Porque imos crear artefactos dixitais“Todo un arte o de ser Orientador!”.

COMPETENCIAS: Emocionais, Relacionais, Aprender a aprender (encántanos),  Xestionar as tarefas e Dominio  das TIC.

  





Estas TIC (Competencias dixitais) son as que nos traen de cabeza a todos:    creación, información, comunicación interpersoal e social, cultura dixital. A actuación responsable nos contornos dixitais, e ¡como non!: coñecemento e dominio das novas tecnoloxías para poder aplicar e adaptarnos a tódalas posibilidades.






Témolo claro, Internet move o mundo,  temos indicadores TIC de todo tipo que nos darán a situación de España no mundo, os niveis por fogares…(en España: Eurobarómetro, ONTSI, Fundación Telefónica, Internet World Stats; incluso a nivel autonómico: OSIMGA e Axenda Dixital de Galicia).



E chegamos ó gran descubrimento do século no 1990: o famoso concepto  http:// evolucionando ata 2004 co acuñamento da nova xeración, a Web 2.0 (hai quen xa fala de 3.0), cuns beneficios claros:



A web como plataforma, o  aproveitamento da intelixencia colectiva, o sistema "Intel inside", o fin do ciclo das actualizacións de software, modelos de programación lixeiros e as experiencias enriquecedoras do usuario (en Orientación Laboral, si se sabe escoitar podemos aprender moito dos demandantes).


E agora, despois de tanta palla, analizaremos os espazos e ferramentas da Web 2.0 que cremos que teñen unha grande aplicación práctica na orientación tanto a nivel persoal como para transmitir os nosos usuarios: Lectores RSS (Nova palabra: Infoxicación -ter moita  información-), Marcadores Sociais (Folksonomia -etiquetar-) e o que máis nos trae de cabeza neste curso: As Redes Sociais,  que nos permiten  unha conversa directa e un intercambio continuo e actualizado de valiosa información para difundir, como Facebook, Pinterest, Linkedin , isto medra mais rápido que a escuma (Redes Sociais en España 2012).

Ademáis doutras ferramentas para construción de contidos (Wordpress é o mellor editor de blogs), entre outras e outros para o traballo colaborativo en liña (Drive) , ou o almacenamento na nube (Dropbox, Slideshare), creación gráfica (Canva, Picktochart…) e a palabra nova de "curación" de contidos (Storify, Scoopt it…)




En conclusión, debemos intentar utilizar todas estas novas ferramentas para o empregotransmitir unha nova “mentalidade” (adoptar unha nova postura activa), nova “filosofía” (a “rede” supón un valor clave), e usar esas novas “ferramentas”  que nos axudan a diferenciarnos  a través de, por exemplo: infografías, cartóns de visita dixitais..., saber cómo funcionan as novas aplicacións nas entrevistas de traballo (Skype), ou Vídeo-Currículum.



Aplicar tódalas ferramentas posibles para crear unha Identidade Dixital, Virtual (ata o de agora so coñecíamos o carné de identidade de toda a vida) que proxecta en internet a traxectoria persoal e profesional dunha persoa, e que debemos intentar coidar ó máximo posible  porque hai partes da nosa identidade virtual que  se crea con ou sen a nosa participación e que non podemos controlar; así que coidade a identidade dixital, na Rede todo deixa pegada, aínda que agora a reputación on-line pode suprimirse (Sentencia do Tribunal da UE "Dereito ó olvido en Internet"); iso é como o dito de “Todo se sabe “ e na rede “Lo que se  hace en las Vegas, no se queda en Las Vegas”, polo tanto OS ORIENTADORES TEMOS QUE SABER DE TODO E MÁIS, E SE VOS FIXASTES AO LONGO DO ARTIGO, TODO É NOVO, NOVA, NOVOS, NOVAS… HAI QUE APRENDER  A APRENDER PARA DESPOIS SABER DIFUNDIR E COMPARTIR.




Aquí podedes visualizar o noso storify da sesión:







Grupo INNOVA