luns, 24 de novembro de 2014

Reflexión módulo 3: marco instrumental





En este módulo coñecemos os instrumentos cos que un orientador laboral vai a traballar. Introdúcenos nos modelos de intervención que loxicamente non son nin deben ser ríxidos, débense adaptar e personalizar a cada usuario, xa que cada persoa é distinta e chega a xunto do orientador en condicións moi distintas e tamén, hai que dicilo, con obxectivos moi distintos. Entendo que é o orientador o que debe analizar cada situación e cada obxectivo, adecuar, seleccionar ou incluso mesturar  os métodos adaptándose o perfil de cada usuario para lograr a reinserción laboral que é o fin do orientador. 

A orientación debería implementarse dende o inicio da escolaridade como unha guía que ao longo da nosa vida nos axudara a encontrar o noso horizonte. De esta maneira incrementamos e potenciamos a calidade tanto na nosa actuación como nas futuras actuacións, empregos etc dos nosos orientados. Tamén sería unha maneira de reducir dende o inicio os colectivos con risco de exclusión social, sempre partindo de que o suxeito e parte activa e colaborativa neste proceso, axudando en todo momento a que o suxeito se autocoñeza, descubra as súas habilidades, mellore a súas debilidades e potencie a súas fortalezas. 

Os itinerarios de inserción deberíanse levar a cabo en profundidade, xa que posiblemente a maioría dos orientados así o demandan, en este senso parece que hai un gran contradición entre o que os desempregados necesitamos e o que a administración nos pode ofrecer, ben sexa por falta de xente cualificada ou por falta de tempo para levalos a cabo.

Entendo que as acción grupais aforrarían moito tempo e serian viables para motivación,mellora do curriculum, coñecemento dos portais de emprego, preparación de entrevistas e incluso recoñecemento de habilidades pero necesitaríase completalas sempre cunha atención personaliza para coñecer mais a fondo cada individuo, adaptar modelos e técnicas de intervención e corrixir aquilo que poida fallar nas accións  grupais. E por ultimo é importantísimo facer un seguimento de cada usuario. Por iso os itinerarios personalizados de inserción deberían aplicarse a todo o mundo que o demande, pero si realmente se mellora a empregabilidade, non deberían compensarse economicamente, de este xeito a persoa acollida en este tipo de itinerarios demostraría unha voluntade clara de mellorar a súa situación, opino que as axudas económicas deberíanse desvincularse de estes itinerarios.

Axudar a desenvolverse e superar unha entrevista de traballo, estudio das maneiras de comunicarse, expresións mais acertadas, fallos na comunicaron tanto verbal como non verbal etc é unha das tarefas propias do orientador pero ademais considero moi importante que unha vez rematada a entrevista o usuario poida comentala con este.

Tanto coñecer os perfís profesionais cos que estamos traballando como coñecer o mercado laboral do momento e da zona nas que estamos desenvolvendo é labor imprescindible e penso que é realmente o que vai marcar a diferenza e engadir valor ó noso traballo.
Así mesmo dominar as técnicas de emprego para o acceso o mesmo, ver a súa evolución e cambios que poida haber nelas e dalas a coñecer ós usuarios para que eles mesmos poidan de maneira activa implicarse en este proceso.

 
Recoñecer perfís emprendedores, a atender, informar e orientar en calquera caso a todo aquel que aínda non tendo un perfil claramente emprendedor queira iniciar este camiño, dando a coñecer  axudas, tanto as que están relacionadas con impostos, como subvencións, formas xurídicas mais recomendables, axudas para contratación de persoal etc.



Por último saber en que consiste un plan de empresa, e sobre todo saber a donde redirixir ó usuario para que traballen con el en este aspecto, xa que un plan de empresa creo que precisa de mais coñecementos do que normalmente posúe un orientador , e penso  que as funcións descritas anteriormente son suficientes  si realmente as leva a cabo en profundidade.

Pode axudarnos:

1 comentario:

  1. Moi boa reflexión Edita ; Encántame a crítica constructiva e máis cando en gran parte coincide coa miña.

    ResponderEliminar