INFOXIFICACIÓN: refírese o estado de contar con demasiada información para tomar unha decisión ou permanecer informado sobre un determinado tema.
No mundo actual no que vivimos é inevitable pensar nun filtraxe da información, e aínda que eu personalmente descoñecía o término de "infoxicaión", si me decataba de que estamos saturados.
Entendo que a información tan so e útil e aproveitable cando é interesante e somos capaces de interiorizala. Para min foi unha gran sorpresa descubrir que hai ferramentas que nos permiten esta "selección a carta" para non verse inmersos en esta sobrecarga, xa que según a miña opinión estamos antepoñendo a información a comunicación.
O feito de poder filtrar, seleccionar, escoller a información que deseamos ter supón unha liberación.
Nunca pensei que o término "compartir" me ía a resultar frívolo, pero ahora estame pasando, quizais por descoñecemento, non o dubido. Teño a impresión de que é un compartir por compartir pero sin pararnos a pensar en si a información que estamos facilitando é de calidade, de interés para o receptor.
Realmente molestámonos mui pouco en valorar a información que os demais nos procuran, e semella mais ben unha competición de publicacións, mensaxes, entradas etc donde parece que a importancia radica en emitir información.
Asi se mide a reputación dixital?
Personalmente penso que hai que adicar máis tempo a coñecer o noso entorno, compartir a nosas formas de pensar e debatir sobre elas. Con frecuencia me asombro pola maneira en que a xente usa calquer información que recibe, sin ir mais alá, sin verificar, sin analizar.
O término de “curación de contidos” proven do inglés, “content curation”, e se o aplicamos o mundo de Internet e os medios sociales consiste no proceso de filtrar, agrupar e compartir toda a información sobre un tema.
Debemos buscar, encontrar e seleccionar os contidos e informacións relevantes para distribuilos de forma segmentada, así como curar contidos e filtrar información con un obxetivo claro e ben definido.
Hai que ter en conta que a información relevante debe selo hoxe e mañá, non debe ser efímera.
Curar contidos supon manter un esforzo de búsqueda sistemático que permaneza no tempo e centrado en un ou varios temas de relevancia para os demais, así conseguimos engadir valor a información.
As ferramentas coas que contamos, totalmente descoñecidas por min ata o de agora, creo que hai que traballalas e profundizar mais sobre elas para chegar a desenvolverse medinamente ben. Si ben supoñen un gran alivio para este delicado traballo.
Estou segura de que tanto o feedly coma o scoop.it son de gran utilidad, seguramente inda mais, si cabe, a nivel profesional pero a verdade e que a día de hoxe non os estou aproveitando demasiado, precisamente porque entendo que curar contidos supon unha gran dedicación e porque como xa mencionei, a información que se da non debe ser efímera.
Loxicamente estou a falar da curación de contidos en xeral, estou totalmente segura de que son ferramentas mui útiles de cara o orientador laboral.
Feedly: é un lector de RSS que permite organizar e acceder rápidamente desde un navegador a todas as noticias e actualizacions de blogs ou outras páxinas.
Esta é unha captura do meu feedly:
Scoop.it: é unha nova forma de reunir información para mostrala e compartila de unha forma visualmente atractiva en Internet. A definición do término Inglés “scoop” é “primicia”. Tratase dun sistema que nos permite compartir contido que atopemos e nos pareza útil na red.
Esta é unha captura do meu sccop.it e o enlace: http://goo.gl/6CaL1n